Novo récord de positivos covid nesta onda indica que Galicia pode dirixirse a outra aceleración


Os 1.216 novos positivos por PCR comunicados hoxe supoñen o segundo día seguido de récord de diagnósticos na presente fase. Algo que confirma o peor escenario, a pandemia empeza a acelerar outra vez, antes de que conclúa a deceleración da sexta onda. A hipótese dun pico antes de Nadal estase esfumando.


|



Os 1.216 novos positivos por PCR comunicados hoxe supoñen o segundo día seguido de récord de diagnósticos na presente fase. Algo que confirma o peor escenario, a pandemia empeza a acelerar outra vez, antes de que conclúa a deceleración da sexta onda. A hipótese dun pico antes de Nadal estase esfumando.


O salto de casos activos, case 504 máis, é o maior no últimos catro días. As boas noticias son que as hospitalizacións seguen crecendo a un ritmo relevante pero modesto. Son xa 227 os pacientes en planta, 9 máis que onte e 9 tamén máis que hai unha semana.


As áreas de Santiago e A Coruña empezan a acelerar notablemente o seu cómputo de casos activos. Pola contra, Ourense, onde golpeou primeiro a sexta onda, parece alcanzar un pico. 






incidencia acumulada semanal  sobe de  265 a 279 positivos por cada 100.000 galegos . De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto, o peor da escala.




incidencia acumulada a 14 días tamén crece moito, 17 puntos ata 463.  Continuamos en risco alto aproximándonos a 500, que é a fronteira con risco moi alto. De repetirse saltos do calibre de hoxe, este índice entrará en risco moi alto esta fin de semana.


O dobre da incidencia a 7 días ( 558 ) é moito maior que a incidencia a 14 días ( 463 ). Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,21 , por tanto na última semana houbo un 21 % de positivos más que na penúltima. 



Ese 21% constitúe unha pésima noticia. Non polo seu valor, pois nesta onda chegamos a soportar velocidades de +46% semanal.  É unha moi mala noticia polo que implica na evolución da razón de taxas. Hai tres días chegamos a +18% semanal tras varias semanas decelerando. Algo cambiou, pois levamos xa dúas xornadas seguidas de crecemento.


A razón de taxas funciona como unha especie de velocímetro semanal dos positivos. Todo o que sexa unha razón de taxas maior que 1 implica que estamos a acelerar. Iso si, é moito mellor -ou menos malo - acelerar un 18% que un 46%. 


A reaceleración destes dous últimos días implica que pode haber un cambio de tendencia. No canto de acelerar un pouquiño menos cada día, aceleramos un pouquiño máis. É dicir, outra fase expansiva,pódesenos vir encima. Unha montaña de positivos sobre outra montaña de positivos, pois a deceleración da sexta onda avanzara bastante, pero non se completou, chegamos a 18% pero non ao 0%. Nunca deixamos de crecer e volvemos acelerar.


A taxa de positividade onte foi de o  10,7% . A boa noticia é que media semanal descende, aínda que sexa pouquiño, de 11,4% a 11,2%. O SERGAS logra así cortar unha tendencia á alza que duraba xa 11 días. Seguimos en risco alto neste indicador. A fronteira para o risco moi alto é o 15% semanal.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 3,7%. Isto axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, aínda que mínimo, caendo  de 4,8 % a 4,4%.  


A curva da derivada de casos activos indícanos que continúa a alza de enfermos, pero a cada día que pasa é un pouquiño menor. O problema é que o descenso de velocidade está a ser lentísimo, moito máis amodo que en ondas anteriores.


Isto pódese deber a que en crises anteriores había restricións serias que empuxaban a deceleración, restricións que agora non existen, polo que a onda segue un ciclo máis natural, moitísimo máis lento na baixada que na subida.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +504 . O total é de  casos activos é de 13.885  . A este ritmo llegarmos a Nadal cuns 18.000 casos activos.


DATOS POR ÁREAS

Vigo (352) e  Ourense (184) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe. En Vigo xa hai 99 persoas hospitalizadas, 23 enfermos críticos incluídos. A presión hospitalaria en Pontevedra, unha área moito máis pequena, tamén é considerable, con 8 críticos e 35 enfermos en planta.




Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS.  

CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • Unha sétima montaña de positivos cando non acabamos de baixar a sexta montaña. Isto é o que se nos pode vir encima. O peor escenario, que o Ponte da constitución ía acabar coas esperanzas dun pico de contagios antes de Nadal, está a confirmarse. A isto poida que estea a contribuír a Ómicron, presente no 33% das probas de ADN.
  • Necesitamos restricións máis serveras? O exemplo doutros países e outras autonomías onde a onda otañal impactou primeiro así o parece indicar. A Unión Europea indicou onte que Ómicron circulando as vacinas non son suficientes para controlar a pandemia. Non hai nada que nos faga pensar que Galicia non vaia sufrir o que outros xa están a pasar e canto antes se adopen medidas, máis leves serán as necesarias.
  • Os colexios están a ser un dos motores das infeccións agora. A incidencia entre os menores de doce case triplica a incidencia entre a poboación en xeral. As vacinacións infantís que empezaron onte non chegarán a tempo de ser do todo efectivas para Nadal. Hai que lembrar que os nenos tamén necesitan dúas dose para ter a pauta completa.
  • O que si pode ter efecto para Nadal ou pouco despois é a vacinación dos maiores de 60. É de supoñer que isto reducirá moito a taxa de hospitalización. De feito, a explosión de positivos está a provocar unha alza relevante pero modesta da presión hospitalaria. Este é o cálculo que debe estar a facer a Xunta para non impoñer restricións, cálculo que Ómicron, coa súa maior capacidade para burlar ao sistema inmune, pode desbarartar; ou non, pois aínda non sabemos se provoca síntomas máis graves ou leves que Delta. En definitiva, outra época de gran incerteza produto, en boa medida, do fracaso na rápida extensión das vacinas a todo o planeta.

    CxFBc positivos covid confirmados por pcr en galicia  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE