O teletraballo debe ser unha solución ou un avance, non "unha forma de abaratar custos", defende a ministra Yolanda Díaz
A Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, mostrouse satisfeita despois dos primeiros contactos con patronal e sindicatos para tratar de regular o teletraballo.
Díaz valora que o diálogo social sexa o que trate de darlle estabilidade a un terreo aínda demasiado novo para moitos sectores. Sen embarrgo, admite que esta solución permitiu salvar "millóns de postos de traballo e de empresas neste país" durante a pandemia.
Yolanda Díaz, xunto ao candidato de Galicia En Común, Antón Gómez-Reino
A Ministra de Traballo,
Yolanda Díaz, mostrou a súa confianza o diálogo social impulse a elaboración dunha lei do traballo que achegue un marco normativo a unha realidade laboral que "salvou millóns de postos de traballo e de empresas neste país" pero que, a xuízo da ministra, "non pode ser unha forma de abaratar os custos" para as empresas.
En declaracións aos medios en Ferrol, onde mantivo unha reunión cos transportistas do sector do carbón antes de participar nun acto de campaña de Galicia En Común-Anova Mareas, a ministra puxo o foco no "diálogo social" como vía para lexislar o teletraballo.
Sobre esta primeira reunión celebrada o pasado mércores, Díaz dixo que a UXT "fixo as súas achegas" e a CEOE "comprometeuse a facelas chegar" tamén. A ministra recalcou que "o que non pode ser" é utilizar o teletraballo "como unha forma de abaratar os custos".
Neste sentido, criticou o que, di, sucedeu nalgunhas empresas durante a crise sanitaria "con traballadores e traballadoras en casa, en moi malas condicións, pagando as subministracións, pero sen dereitos laborais".
Neste sentido, manifestou que estas "son as condicións laborais do século XIX", polo que mostrou o seu optimismo que a patronal quere "os acordos europeos do diálogo social do século XXI".
Escribe o teu comentario