Está por ver se o PP e, sobre todo, o baltarismo está disposto en participar en tal consenso, pois é pública a inimizade entre Xosé Manuel Baltar e Rodríguez Villarino. En todo caso, aínda era máis forte a rivalidade con Jácome e iso non impediu que o PP de Ourense pactase con el a cambio, iso si, de certa cota de poder municipal.
Ucha é persoal de confianza de Jácome e, en teoría, debería asumir esta semana a acta dun concelleiro de DO que dimitiu. De aceptar a acta e sumarse ao grupo de Jácome, o Concello podería funcionar cun mínimo de normalidade. Con todo, a rumorología apunta a que se podería ir cos cinco edís críticos. Se así fóra, Jácome podería caer sen a intervención do PP pois PSOE, Cs, BNG e críticos de DO sumarían 14 concelleiros.
O hostaleiro pide a Jácome que publique os extractos da conta do partido e que cesamento aos críticos no caso de demostrarse que mentiron nas súas duras acusacións.
Un polémico tweet do líder de Democracia Ourensá despois de manter unha reunión cos edíles críticos do seu propio partido, lonxe de restar ferro ao asunto, avivou aínda máis as críticas ao rexedor auriense.
Tras varias denuncias, a Federación de traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) insisto nas súas reclamacións contra o goberno auriense por un presunto caso de "intrusismo laboral" no persoal da seguridade do consistorio.
O rexedor auriense admite que leva traballando desde principios de ano na fusión dos dous clubs de fútbol máis grandes da cidade: o Ourense CF e a VDE Ourense.
SSegún Democracia Ourensá, partido no Goberno, a Xustiza acaba de desestimar a demanda de Comisións Obreiras que buscaba forzar á Administración para proporcionar equipos de protección ás traballadoras de axuda a domicilio, pois dita obrigación recaería na empresa concesionaria.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá), renunciou ao 30% do seu salario durante o tempo que se prolongue o estado de alarma derivado da pandemia do coronavirus ante a parálise económica en todos aqueles servizos considerados como non esenciais por parte do Goberno central.
Nova polémica en Ourense. O PSdeG acusa o alcalde de abandonar os coches oficiais nun vello almacén mentres está "a malgastar avultadas cantidades" ao contratar "vehículos de alta gama de aluguer con condutor" ou taxis. O alcalde respóndelles negando o malgasto e lembrando, un día despois da denuncia socialista, que vai poxar eses vehículos oficiais.
Permitirá o presidente do PPdeG a idea de integrar a candidatos localistas na lista do PP de Ourense? Pola resposta de hoxe, Feijóo parece que non ten moitas ganas de ceder algún posto aos de Jácome. Outra cousa é que Democracia Ourensá participe nunha futura reunión do "centro dereita reformista".
O alcalde de Ourense, que chegou ao goberno auriense grazas ao apoio dos populares, arremeteu contra Pablo Casado e os seus asesores pola súa estratexia política ao decidir votar non a Pedro Sánchez na sesión de investidura.
"Este Director Xeral de Administración Pública erradicará a oxidación do Concello", promete agora.Quen será o City Manager de Ourense?