Jácome defende que aforra alugando "vehículos de alta gama con condutor" mentres os oficiais están "abandonados" e os choferes municipais cobrando por outros labores


Nova polémica en Ourense. O PSdeG acusa o alcalde de abandonar os coches oficiais nun vello almacén mentres está "a malgastar avultadas cantidades" ao contratar "vehículos de alta gama de aluguer con condutor" ou taxis. O alcalde respóndelles negando o malgasto e lembrando, un día despois da denuncia socialista, que vai poxar eses vehículos oficiais.


|

Nova polémica en Ourense. O PSdeG acusa o alcalde de abandonar os coches oficiais nun vello almacén mentres está "a malgastar avultadas cantidades" ao contratar "vehículos de alta gama de aluguer con condutor" ou taxis. O alcalde respóndelles negando o malgasto e lembrando, un día despois da denuncia socialista, que vai poxar eses vehículos oficiais.



Coches oficiais do Concello de Ourense nun almacu00e9n nunha foto remitida polo PSOE



Gonzalo Pérez Jácome explica que lanzou xa dous expedientes para vender un Audi e un Opel, que antes utilizaba a alcaldía, e que "están para o despezamento". O líder de Democracia Ourensana defende que contratando coches e taxis para desprazarse aforra, porque deixa de contar con chofer propio e abonar custos de mantemento dos vehículos.


Desde a oposición acúsanlle de permitir mesmo que os seus "asesores colocados a dedo" viaxen en vehículos alugados de alta gama, mentres os choferes municipais seguen cobrando o seu salario, agora dedicados a outras funcións.


Nin Jácome nin o PSOE facilitaron cifras do gasto agora en vehículos de aluguer, polo que é imposible dilucidar se o Concello de Ourense está realmente aforrando, ou non. Os socialistas xa anunciaron que pedirán ao Concello un informe de  gastos. 


Ademais, lémbranlle ao edil que prometeu unha campaña de promoción do taxi ourensán e que gran parte das bicicletas do programa "Bici Ourense" están tamén no almacén "en pésimo estado de conservación".


Bicicletas do Concello de Ourense nun almacu00e9n nunha foto remitida polo PSOE





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE