Feijóo dá luz verde a unha moción de censura en Ourense e o PSOE cúlpao de agravar a crise por levantar a Jácome

O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares de Ourense "teñen liberdade para pactar" un goberno alternativo ao que actualmente lidera en solitario --con outros dous edís-- Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, despois de que o PP suspendese o pacto que o levou á Alcaldía por "sospeitas" sobre financiamento de DO.

|

A difícil situación de Ourense, epicentro do coronavirus en Galicia, é máis grave porque ten un alcalde co que non se pode xestionar axudas, acusa o PSOE a Feijóo. O presidente do PP, que no seu día cualificó a Jácome de "letal para a cidade", agora, tras permitir a súa investidura co apoio do seu partido, dá luz verde para derrubalo mediante unha moción de censura cuxas negociacións avanzan. 


O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares de Ourense "teñen liberdade para pactar" un goberno alternativo ao que actualmente lidera en solitario --con outros dous edís-- Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, despois de que o PP suspendese o pacto que o levou á Alcaldía por "sospeitas" sobre financiamento de DO.


Alberto Nuu00f1ez Feiju00f3ou hoxe no Parlamento

Alberto Nuñez Feijóo hoxe no Parlamento


PULLA A CABALLERO
Así, na sesión de control ao Goberno celebrada no Pazo do Hórreo este mércores, Feijóo aproveitou a pregunta que formulou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, para instarlle a aclarar se o PSOE tamén ten esa capacidade de pactar en Ourense independentemente das directrices que marque a dirección autonómica.



"Espero que vostede tamén lle deixe liberdade para pactar e espero que a proposta non sexa 'pactaremos con todos para que non goberne o PP'", manifestou Feijóo, na súa intervención, na que reprochou aos socialistas que na provincia de Ourense el ofrecera que o PP liderase a Deputación e o PSOE asumísese as rendas do Concello --ambos como forzas máis votadas en senllas institucións--. Pero o socialistas, dixo, non aceptaron a súa oferta.


O PSOE CULPA Ao PP POR LEVANTAR A JÁCOME
Durante o debate, en que Feijóo mostrou que a súa "preocupación" como presidente da Xunta é a situación sanitaria de Ourense, Gonzalo Caballero acusou ao PP situar a Jácome na Alcaldía, a pesar de dicir en campaña electoral que era "letal", para "manter o baltarismo e caquisimo" na Deputación de Ourense.

Caballero tamén "coincidiu" en que a situación "máis preocupante" é a sanitaria, pero indicou que cun goberno como o actual na "terceira cidade de Galicia", non se poden xestionar axudas ou outras medidas para os cidadáns.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE