Jácome: Os ourensáns son accionistas dunha empresa que será dirixida por un 'City manager'
"Este Director Xeral de Administración Pública erradicará a oxidación do Concello", promete agora.Quen será o City Manager de Ourense?
Democracia Ourensá acaba de anunciar que "Jácome fichará a un City Manager". O alcalde de Ourense pretende revolucionar así a administración local e "conseguir pasar da cola, ao top español en eficiencia pública".
O anuncio vén escrito en linguaxe empresarial. De feito, péchase cunha lista de símiles:
- Accionistas – Cidadáns
- Concello Administración – Pleno
- CEO – Alcalde
- Director Xeneral – City Manager
- Directores de Sección – Concelleiras
Desde o principio do seu mandato, o líder localista queixouse da lentitude dos trámites administrativos. "Este Director Xeral de Administración Pública erradicará a oxidación do Concello", promete agora.
Quen será o City Manager de Ourense? DO fala dun concurso público de forma inminente. Buscarase a unha persoa que leve o día a día do concello, que redeseñe a súa estrutura e supervise as ordenanzas.
Que fará entón o alcalde? Levar o peso do liderado organizativo, presencial, institucional, comunicativo e das principais estratexias conceptuais; razoa DO.
O bipartito de PP e DO nomeou xa o máximo número de asesores que permite a lei. Como o novo City Manager é un "novo cargo", "extensivo, non substitutivo", está por ver como os socios de goberno modifican a estrutura de postos de traballos públicos para facerlle un oco.
Escribe o teu comentario