Caride desmente que o comprara Baltar e négase a dimitir polo que o PP seguirá con maioría na Deputación

Miguel Caride, o líder dos concelleiros críticos co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (DO), rexeitou a versión achegada esta mañá polo rexedor sobre a crise interna na partido Democracia Ourensá, por mor de presuntas irregularidades orzamentarias, tachándoa de "conto chinés" e cualificou ao rexedor de "personaxe deleznable".

|

O ata fai nada numero 2 de Democracia Ourensá chama "personaxe deleznable" ao alcalde, quen nunha explosiva rolda de prensa acusouno hoxe de deixarse comprar polo Partido Popular para montar unha "traizón" no concello


Miguel Caride, o líder dos concelleiros críticos co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (DO), rexeitou a versión achegada esta mañá polo rexedor sobre a crise interna na partido Democracia Ourensá, por mor de presuntas irregularidades orzamentarias, tachándoa de "conto chinés" e cualificou ao rexedor de "personaxe deleznable".


Miguel Caride


O que era ata hai unhas semanas a man dereita de Jácome matizou que o alcalde "non desmentiu nada, senón que ata en tres momentos recoñeceu que o diñeiro que recibe DO desvíao á súa televisión privada (Auria TV)", na mesma rolda de prensa na que acusou ao PP de terlle preparado "un golpe de estado" e de comprar "" ao propio Caride.

"É un personaxe deleznable e o que temos que facer é tratar de botalo", abundou o tamén exportavoz municipal da formación, quen expresou que tanto el como o resto de críticos que denunciaron en Fiscalía as presuntas ilegalidades na xestión de fondos do partido mantéñense, "como mínimo, ata atopar unha solución" e á espera de que sexa Jácome quen dimita.

Caride insistiu en que o alcalde debe ofrecer explicacións sobre "se hai ou non desviación de fondos públicos á súa empresa privada" e sobre "cal é a situación cos asesores" --tras ser acusado de reclamarlle parte do seu soldo a estes para financiar o partido-- porque o que fixo esta mañá, reiterou, é contar unha "historia que parece 'As crónicas de Narnia' dentro do seu mundo onírico, non crible".

"O tema é moi serio, isto non é ningún xogo de tronos, e eses discursos infantís, de barra de bar e de contos chineses supoño que haberá xente que os comprará, porque sempre a hai", manifestou, "pero calquera persoa sensata non creo que poida comprar unha mensaxe infestada de bobadas porque non dixo máis que bobadas".

O PACTO TAMÉN ROMPE NA DEPUTACIÓN
Sobre o anuncio de Jácome de retirarlle o apoio ao PP na Deputación de Ourense --despois de que os populares rompesen "temporalmente" a alianza PP-DO no Concello--, empezando pola orde de votar en contra dos orzamentos que levarán a pleno este mes, Caride foi tallante: "O PP dixo que suspendía temporalmente o pacto mentres Jácome non aclarase o que ten que aclarar, como el non quere aclarar nin deixar o posto, quere dinamitar o pacto empezando pola DEputacion".

Caride, que onte cualificou de "tremendamente inxusto" que as desavinzas no Consistorio salpicasen á institución supramunicipal, subliñou que Jácome "non pode trasladar unha segunda crise á Deputación" porque "o que se moveu, o que incumpriu, o que puxo en perigo a estabilidade da cidade e o pacto foi el".

JÁCOME ANDA BUSCANDO ALIANZAS, DI CARIDE
Ademais reprochoulle a Jácome que estea a buscar "outras alternativas para seguir ancorándose a un posto no que xa ninguén lle quere: nin os seus, nin os socios, nin a oposición, nin os funcionarios, nin os medios, nin as asociacións veciñais, nin as empresas...".

Por iso, os críticos non pensan en deixar o seu asento e insisten en que sexa o alcalde o que dea un paso ao carón, xa que está a propiciar "unha situación anómala, sen pés nin cabeza", ao ter que gobernar en minoría co apoio dun só edil, Armando Follea.

JÁCOME GAÑARÁ UN VOTO NO PLENO
Todo á espera de que se faga efectiva a baixa de Mario González, exconcelleiro de Cultura que deixou o seu escano, e entre Telmo Ucha, afín ao alcalde e o que iso conleva: ambos se deben repartir as 12 áreas tras retirarlle Jácome as competencias a dous edís e despois de que outros dous de DO e os populares rexeitásenas no día de onte.

"Nós o que non imos facer é irnos xa para que o noso posto sexa cuberto por outras persoas afíns a el e que no canto de ser dúas sexan sete en minoría, con xente que se siga encartando ás veleidades e ás excentricidades dun alcalde que ademais non é transparente", destacou.

Finalmente, en nome de todos os remisos a Jácome, Caride manifestou sentirse "realmente avergoñado de caer na súa trampa": "Enganou a 12.000 votantes, á súa propia xente, aos socios de goberno, a todo o mundo", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE