A Coruña

Fronte común de alcaldes da Coruña contra a exención do IBI á AP-9

A Coruña, Santiago de Compostela, Ames, Teo, Padrón e outros municipios da provincia por onde pasa a autoestrada unen forzas para non perder este cuantioso ingreso para as súas arcas.

Alerta por vento forte na Mariña e a costa noroeste da Coruña

Espéranse refachos superiores a 80 quilómetros por hora, principalmente en Ferrol e Ortegal.

"A Coruña é unha cidade de mulleres"

O Observatorio coruñés da igualdade destaca a participación feminina en áreas como a mobilidade e os deportes.

Escribano acusa o comité do Congreso do PP coruñés de trato de favor a Mato

Pide a súa "inhabilitación inmediata" nun escrito dirixido a Diego Calvo no que avisa de "graves irregularidades". 

A Coruña apoia ao edil investigado por un cartel do Entroido

A moción contou coa abstención do PP, ao entender que as comparsas poden "facer bromas de todo", pero non as iniciativas que saen de María Pita.

Caen dúas bandas de falsos revisores do gas que estafaron a 340 anciáns

Algúns dos afectados, cuxa media de idade é de 85 anos, residen na Coruña e Pontevedra, pero actuaban en preto de 10 provincias.

Ferreiro ve normal "reaccións de desgusto" pola elección da coordinadora de En Marea

"Que teñen que ver co espírito orixinario de En Marea", engadiu ao reivindicar a confluencia no seu momento de forzas "que apostan pola unidade".

O adversario de Mato a liderar o PP da Coruña esíxelle "unha rectificación inmediata"

'A candidata da Xunta' chamou a "gañarlle por goleada e ata humillar un pouquiño", expresión que tacha de "antidemocrática". 

Ferreiro, descontento coa elección da coordinadora de En Marea

O alcalde da Coruña considera que "rompe unha lista de consenso e confluencia" e exclúe "sensibilidades maioritarias". 

O Concello e o Porto da Coruña reúnense este luns polos valos da dársena

O encontro precipitouse polas dúas persoas falecidas no último mes, pero non está tomada aínda a decisión.

Atopan morto nunha dársena da Coruña o actor Mateo González, de Serramoura

Estaba desaparecido desde o mércores, tras acudir aos Premios María Casares e unha festa posterior celebrada no Real Club Náutico. 

Máis de cen detidos en toda España por tenencia e distribución de arquivos pedófilos

A Coruña e Pontevedra están entre as provincias onde se desenvolveu a operación | Foron intervidos máis de 450.000 arquivos explícitos de abusos a menores

A curta galega 'Einstein-Rosen' recibe o primeiro premio no 'CineGlobe' suízo

'Einstein-Rosen' ambiéntase no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns, o máis pequeno dos cales asegura atopar un buraco de verme.

Repsol renova o seu facho na Coruña con manobras de enxeñería a gran altura

A substitución do 'tip' require manobras a alturas por encima dos 100 metros e a utilización de dous guindastres de gran tonelaxe.

Prisión para catro membros dunha banda que asaltaba vivendas de Ourense

Tres mozos foron detidos na Coruña pola súa presunta participación en roubos con forza en varios establecementos. 

Imputan o concelleiro de Culturas da Coruña polo polémico cartel do Entroido

Unha asociación de Lugo denunciou ao edil por sentir ofendidos os seus "sentimentos relixiosos" por unha imaxe que identifican coa figura do Papa.

O ex deputado Javier Escribano competirá con Beatriz Mato polo PP coruñés

Formalizou a súa candidatura, que xustifica por "un liderado que emerxa desde a base da cidade fronte a un partido sucursalista e con vocación de franquía de Santiago".

Sabina programa un segundo concerto na Coruña

Faio tras esgotarse as entradas para o día 22 de xullo. O artista dará outro concerto ao día seguinte na cidade herculina. 

A Bienal de Teatro da ONCE comeza abril percorrendo 10 municipios galegos

A sede central será o Teatro Rosalía, na Coruña, que acollerá catro estreas. 



A USC fará medicións de concentración de gas radón en edificios municipais da Coruña

Levaranse a cabo durante tres meses en edificios como a Domus ou a Casa das Ciencias para logo emitir un informe con recomendacións. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE