Os traballadores da planta coruñesa de Alcoa irán á folga en xuño

Denuncian o "bloqueo" que a dirección da empresa fai "na negociación do novo convenio colectivo".


|

Alcoasancibrao2Planta de Alcoa en San Cibrao.


Os traballadores de Alcoa na Coruña acordaron convocar unha folga para os días 1, 2 e 3 de xuño ante o "bloqueo" que, segundo denuncian, a dirección da empresa fai "na negociación do novo convenio colectivo".


O presidente do Comité de Empresa, Juan Carlos López, explicou que a decisión foi acordada este luns nunha asemblea "por ampla maioría".


"Consideramos que a empresa ten marxe suficiente para retomar as negociacións e sentar a dialogar con bo talante para avanzar nas mesmas, cousa que non fixo ata agora", sinala o Comité de Empresa.


Neste sentido, advirte de que "de non ser así", esta será "o principio" das medidas que levarán a cabo ata finalizar esta "bloqueo".

relacionada Falece un traballador nun accidente laboral na planta de aluminio de Alcoa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE