Un 90% das zonas de baño da Coruña reciben unha nota de "excelentes ou boas"
213 de 36 concellos corresponden a augas marítimas e os 13 restantes, de 10 municipios, a aguas fluviais.
A Cabana // turismo.gal
Nove de cada dez zonas de baño da provincia da Coruña recibiron unha cualificación de "excelentes ou boas" nas probas realizadas pola Xunta de Galicia, segundo informou o propio Executivo Autonómico.
Así, Sanidade controlará "a calidade de 226 zonas de baño" inscritas no censo oficial que pertencen a 45 concellos, mentres que "o resto das praias ou zonas fluviais de baño" non inscritas "non están habilitadas para o baño".
Delas, 213 de 36 concellos corresponden a augas marítimas e os 13 restantes, de 10 municipios, a augas fluviais. A Xunta desenvolverá controis periódicos nas zonas de baño, onde levará a cabo analíticas das augas.
Na provincia da Coruña, 156 zonas de baño recibiron a cualificación de "excelentes", 40 foron consideradas "boas", 17, "suficiente"; mentres que un total de 13 foron descartadas por non reunir as condicións mínimas.
Escribe o teu comentario