Escribano pide ao xuíz decano a suspensión cautelar do congreso do PP coruñés


Insiste na súa denuncia de supostas irregularidades en cuestións como quen poderán exercer o voto.



|


EscribanoPP


O ex deputado autonómico Javier Escribano, que opta a presidir o PP local da Coruña xunto á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presentou un escrito este venres, neste caso no xulgado decano, pedindo a suspensión cautelar do congreso local, previsto para este venres.


Faino, segundo informou a Europa Press, despois de que o xulgado de garda, ante o que presentou un escrito este xoves coa mesma petición, se declarase incompetente e o remitise ao xuíz decano.


Escribano recoñeceu que se alega tamén que tivo tempo suficiente para presentar a súa petición, pero argumentou que, se non o puido facer antes, foi por "esgotar" as canles internas do partido antes de acudir á vía xudicial.


"Queren deixarme nun limbo xudicial", lamentou o ex deputado autonómico sobre a primeira decisión do xulgado de garda, aínda que confiando en que agora o decano sexa favorable á súa pretensión.


SUPOSTAS IRREGULARIDADES


Escribano alega que se produciron "irregularidades continuas" ao longo do proceso de convocatoria do congreso. Entre outras cuestións, criticou que primeiro se esixisen 350 avais para ser candidato e logo se cambiasen as normas.


"A catro días do congreso dise que só poderán participar avalando e votando os militantes que estean ao día das cotas de pago". "Iso non foi necesario en ningún congreso", apostilou, tras o que cualificou de "antidemocráticas" este tipo de medidas.

relacionada O PP coruñés ten menos afiliados "ao día" dos avais esixidos aos candidatos
relacionada Escribano acusa o comité do Congreso do PP coruñés de trato de favor a Mato

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE