A Coruña

Un 90% das zonas de baño da Coruña reciben unha nota de "excelentes ou boas"

213 de 36 concellos corresponden a augas marítimas e os 13 restantes, de 10 municipios, a aguas fluviais. 

Atacan con pintadas a exposición sobre a historia do sindicalismo coruñés

O concelleiro de Emprego, Alberto Lema, lamenta un ataque que demostra "unha profunda intolerancia dalgúns sectores contra o contido da exposición pedagóxica".

Ano e medio de prisión por propinar un cabezazo durante un partido de fútbol

O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía, que solicitaba cinco anos, polo que non chegou a celebrarse o xuízo. 

Piden á Valedora investigar o "mal servizo" de cita telefónica do Sergas tras a súa privatización

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña presentou 4.000 firmas que apoian que o servizo volva ser xestionado por profesionais do Sergas

Os valores de María Pita, presentes nos "desafíos" actuais da Coruña

Este domingo celebrouse o tradicional acto de conmemoración do asedio inglés á cidade herculina.

As choivas intensas continuarán este sábado, especialmente no oeste de Galicia

A AEMET activou a alerta amarela nas costas de A Coruña e Pontevedra, onde se esperan 15 litros por metro cadrado nunha hora e ata 50 en 12 horas. 

O orzamento da Coruña perde seis millóns este ano polas alegacións

O ditame da Comisión de Facenda aprobouse co apoio do PSOE e a abstención do PP, Marea Atlántica e BNG.

Os traballadores da planta coruñesa de Alcoa irán á folga en xuño

Denuncian o "bloqueo" que a dirección da empresa fai "na negociación do novo convenio colectivo".

Miles de persoas protestan contra a "especulación" no porto herculino

O goberno local vese reforzado para negociar "a titularidade e as xestións públicas da fachada atlántica".

Ferreiro fará público esta semana o plan para as terrazas do centro

O alcalde defende que "resolverá un vello problema", e é que "os servizos de emerxencias non sempre poden traballar ben".

Avogados e reos do cárcere de Teixeiro disputan o seu tradicional partido anual

A iniciativa busca eliminar prexuízos sobre os presos e que poidan gozar dun partido que os afaste temporalmente da súa realidade

Detidas 59 persoas por 120 roubos en varias provincias, entre elas A Coruña

O operativo permitiu esclarecer un total de 126 feitos delituosos como roubos de camións, vehículos, en naves, en empresas, gasolineiras, perfumerías, bares, explotacións agrarias e entidades bancarias.

Chegan á Coruña catro refuxiados sirios procedentes de Turquía

Permanecerán nun centro de acollida. En total España recibiu o xoves 15 persoas solicitantes de protección internacional.

A Xunta oferta 9.300 prazas en escolas infantís na provincia da Coruña

O conselleiro de Política Social lembra que a próxima semana farase pública a lista provisional de admitidos

O Deportivo paga máis de 5 millóns de euros á Axencia Tributaria

O club sinalou que esta cantidade débese a "diversos conceptos variables", principalmente correspondentes a dereitos de televisión

Unha exposición reúne 68 artistas do cómic na Coruña

A mostra 'Panorama da BD galega' celébrase por primeira vez fóra da programación de 'Viñetas desde o Atlántico'.

Díaz pide un PSOE unido na Coruña e Ferrol: "Quero ser a secretaria xeral de todos"

A precandidata ás primarias do PSOE insta a ser "rebeldes" e declara a súa ilusión por chegar a ser a primeira muller á fronte do PSOE e que gaña unhas eleccións xerais

Alcades da área da Coruña reclaman unha reunión conxunta con Feijóo

Queren avanzar no transporte metropolitano "ante a reiterada resistencia da conselleira de Infraestruturas" a recibilos.

Mato postúlase para ser a candidata á Alcaldía da Coruña

Admite que a cuestión non está "atada", aínda que sinala que o ideal sería que a presidenta local do partido sexa tamén candidata. 

Escribano pide ao xuíz decano a suspensión cautelar do congreso do PP coruñés


Insiste na súa denuncia de supostas irregularidades en cuestións como quen poderán exercer o voto.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE