Unha operación contra a distribución de haxix na Coruña e Lugo sáldase con 11 detidos

Houbo arrestos fóra da Comunidade galega ao ser interceptado un vehículo con haxix que ía ser trasladado a Galicia.



|

Detenciondrogaguardiacivil


A operación para desarticular un grupo de persoas dedicadas á distribución e venda de haxix en Galicia saldouse con 11 detidos --seis pendentes de pasar a disposición xudicial, catro en prisión provisional e un en liberdade-- nas provincias da Coruña e Lugo.


Así o confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que explicou que o operativo se desenvolveu en diferentes fases durante varios meses de investigación nos que actuaron de forma conxunta a Policía Nacional e a EDOA da Garda Civil de Lugo.


A investigación, declarada secreta, levou á detención a finais de maio de 2017 dunha persoa, actualmente en prisión, e a intervención de case 23 quilos de haxix escondidos nun coche.


A principios deste mes de xuño, produciuse o arresto doutros tres individuos, un deles o líder da Coruña, así como a aprehensión de case 82 quilos de haxix escondido nun vehículo e dun quilo máis no domicilio dun dos detidos, tamén en prisión provisional na actualidade.


O 10 de xuño levou a cabo a incautación dun quilo de haxix escondido nun vehículo e a detención doutra persoa que está actualmente en liberdade provisional.


SEIS NOVOS ARRESTOS


Mentres, o martes 13 de xuño foron detidas seis persoas e practicados cinco rexistros, todo iso en Lugo, onde se interviñeron varios quilos de haxix e diñeiro.


Aínda que a operación desenvolveuse exclusivamente en Galicia, segundo indican as mesmas fontes xudiciais, houbo arrestos fóra da Comunidade galega ao ser interceptado vehículos con haxix que ía ser trasladado a Galicia aos investigados.


Ademais, practicáronse cinco rexistros domiciliarios, todos eles en Lugo relacionados coas detencións do 13 de xuño. Aproximadamente interviñéronse uns 125 quilos de haxix.


DETIDO UN MOZO LUCENSE


Doutra banda, e sen gardar relación coa operación anterior, a Garda Civil detivo un veciño de Lugo de 24 anos de idade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras serlle intervidas varias 'bellotas' de haxix e uns mil euros en efectivo.


Segundo informou o Instituto Armado, a detención produciuse nunha céntrica rúa de Lugo cando o mozo portaba nunha riñonera sete 'bellotas' de haxix cun peso total de 70 gramos. Ademais, se lle intervenieron mil euros fraccionados en billetes de 20, 10 e 5.


A persoa detida foi posta a disposición xudicial, segundo engaden as mesmas fontes do Instituto Armado.


ROUBOS NO CORGO E MONFORTE


Mentres, a Garda Civil imputa en calidade de investigado un veciño de Triacastela de 65 anos como presunto autor dun delito de furto nun camión que se atopaba estacionado na localidade do Corgo (Lugo).


O presunto infractor foi identificado cando regresaba ao lugar dos feitos para recoller un remolque con once garrafas de plástico de 25 litros.


Por outra banda, foi imputada en calidade de investigada na veciña de Monforte de Lemos (Lugo) de 40 anos como presunta autora dun delito de furto. Tras unha denuncia presentada por unha veciña da localidade iniciouse unha investigación que levou á imputación.

relacionada Detidas dúas persoas en Pontevedra que introducían droga en España impregnada en equipaxes
relacionada Sanidade alerta da entrada en Galicia dunha perigosa droga coñecida como Flakka
relacionada Sobe o consumo de cannabis en España e estabilízase o de tabaco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE