Localizado un cadáver sobre as rochas no paseo marítimo da Coruña

|

Domusacoruamar


Os Bombeiros da Coruña recuperaron na tarde deste sábado o cadáver dun home que apareceu sobre as rochas no paseo marítimo da Coruña.


Segundo a información dos servizos de emerxencias, a voz de alarma deuse sobre as 17,30 horas, cando foi avistado o cadáver dunha persoa nas proximidades da Domus.


Ata o lugar desprazáronse, ademais dos Bombeiros, efectivos de Protección Civil e Policía e persoal sanitario. O suceso congregou unha gran expectación na zona.

relacionada Aparece o corpo dun home no mar, fronte á Domus da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress