O TSXG obriga á Xunta a compensar con 4,2 millóns á UDC


|

Nuezfeijoojulioabalde


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unversitaria acordou coa Universidade da Coruña (UDC) abonarlle 4,2 millóns de euros en cumprimento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que estima parte do recurso presentado por este centro contra a repartición do Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego (SUG) 2011-2015.


Diso informou este mércores o conselleiro Román Rodríguez nunha resposta a unha pregunta formulada no Parlamento de Galicia pola deputada socialista Concepción Burgo, quen lle esixiu á Xunta que devolva este diñeiro sen que iso supoña un prexuízo para as universidades de Santiago e Vigo.


Segundo precisou Román Rodríguez, ambas as institucións chegaron a un acordo que contempla sufragar esta cantidade a través dun sistema de abono en tres anos de forma que pagará 1,4 millóns no exercicio 2018, outro tanto en 2019 e o mesmo en 2020. Todo iso, indicou, sen que se teña que detraer cantidades nin do pasado plan de financiamento nin do actual.


"Non vai ter ningunha consecuencia económica sobre Santiago nin sobre Vigo", manifestou o conselleiro, que aclarou que este ingreso adicional de fondos á UDC non afectará as cantidades do vixente Plan de Financiamento do SUG nin prexudicará ás universidades de Santiago e Vigo xa que se trata dun partida "diferente".


"A Xunta respecta e acata a sentenza", insistiu o conselleiro, que precisou que "non hai un incumprimento" do conxunto do plan. "Fíxanse discrepancias nos cálculos para percibir nalgúns anos, non cuestiona o modelo de financiamento acordado", precisou.

relacionada Un ránking sitúa a Universidade de Santiago entre as cinco mellores españolas
relacionada Acreditados a cátedra da USC sospeitan de "favoritismo" na adxudicación de prazas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE