Acreditados a cátedra da USC sospeitan de "favoritismo" na adxudicación de prazas
Protestan este venres ante o reitorado da universidade para mostrar o seu desacordo cos criterios de selección para este ano.
O colectivo de acreditados a cátedra da USC concentrarase este venres ante o reitorado da institución para protestar polos pasos dados nos criterios de selección para as prazas convocadas este ano.
Este venres celebrarase unha reunión da mesa sindical á que a USC levará un documento de adxudicación de prazas "que non coñece o colectivo", que lamenta que se pretenda convocar "tan só dez prazas", colocando á institución "en desvantaxe competitiva" polo prestixio que outorgan este tipo de postos.
Ademais de reprochar a "opacidade" do equipo reitoral, o colectivo critica que a proposta vai en contra "do criterio obxectivo de antigüidade" na acreditación, lamentando a "sospeita de favoritismo que impregna" o documento.
Neste sentido, lamentan que "se abra a porta" a que o Vicerreitor de Profesorado "faga unha selección unilateral de certas prazas en base a méritos parciais", sen ter en conta publicacións, docencia ou premios.
Escribe o teu comentario