Un ránking sitúa a Universidade de Santiago entre as cinco mellores españolas

Comparte clasificación coas universidades de Deusto, Navarra, Miguel Hernández de Elxe, Barcelona, Illas Baleares e Valencia.


|


LaboratorioUSC

O U-Ránking das universidades españolas volve situar á Universidade de Santiago de Compostela (USC) no quinto posto de entre 61 centros públicos e privados, ordenados en función do seu rendemento nos ámbitos docente, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico.


Nun comunicado, a institución compostelá destacou que comparte clasificación coas universidades de Deusto, Navarra, Miguel Hernández de Elxe, Barcelona, Illas Baleares e Valencia.


Os datos utilizados para a realización da análise, elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (ivie), proceden da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, do Observatorio IUNE e Thomson Reuters.


Ademais da clasificación xeral, defínese un segundo nivel de análise (U-Ránking Volume) que ten en conta o volume de resultados, e no que a USC sobe un posto con respecto á clasificación de 2016, pasando do 12º ao 11º lugar de entre as 61 universidades da clasificación.


No que respecta á avaliación da actividade investigadora, a USC ascende ao posto número catro da clasificación, compartindo nivel con Cantabria e Illas Baleares. Pola súa banda, no apartado de innovación e desenvolvemento tecnolóxico, Santiago volve escalar postos, neste caso do 13 ao oitavo.

relacionada Acreditados a cátedra da USC sospeitan de "favoritismo" na adxudicación de prazas
relacionada As Universidades galegas poderán 'saltarse' o mínimo de alumnos en titulacións 'singulares'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE