O Cupón da ONCE deixa 210.000 euros en Bahamonde e 35.000 en Culleredo
Os vendedores nas localidades lucense e coruñesa foron José Luis Álvarez e Francisco Javier Somoza respectivamente.
A terminación en 13 do número premiado no sorteo diario do Cupón da ONCE celebrado na noite do mércores deixou 210.000 euros en Bahamonde (Lugo) e 35.000 en Fonteculler, no municipio de Culleredo (A Coruña).
Segundo informa a ONCE, na localidade de Bahamonde o sorteo deixou seis cupóns premiados con 35.000 euros cada un, o que supón un total de 210.000 euros en premios.
Neste caso, vendeunos José Luis Álvarez Álvarez, un mozo con discapacidade física que desde fai cinco anos vende os produtos de xogo da ONCE, como ambulante, nos municipios lucenses de Guitiriz e Begonte.
Os cupóns premiados vendeunos a un grupo de xente nun bar de Bahamonde, entre os que había clientes habituais e outras persoas que estaban "de paso", segundo indica a entidade.
O mesmo sorteo do mércores deixou outro cupón premiado con 35.000 euros en Fonteculler e foi vendido por Francisco Javier Somoza, que fai a ruta ambulante nesa localidade coruñesa.
Escribe o teu comentario