Ano e medio de prisión por propinar un cabezazo durante un partido de fútbol
O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía, que solicitaba cinco anos, polo que non chegou a celebrarse o xuízo.
Un mozo foi condenado a un ano e medio de prisión por agredir a outro no transcurso dun partido de fútbol no polideportivo municipal de Perillo (A Coruña), tras chegar a un acordo co Ministerio Fiscal.
O xuízo, que estaba previsto na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña non se chegou a celebrar ao producirse conformidade.
A Fiscalía solicitaba para o acusado unha pena de cinco anos de prisión pero finalmente, tras alcanzar un acordo entre as partes, rebaixouse a condena a un ano e medio de prisión ao contemplar a atenuante de reparación do dano. O procesado pagou a indemnización correspondente.
Os feitos sucederon en xaneiro de 2015, cando o home lle propinou un cabezazo a outro na boca "nun lance dun partido de fútbol que se estaba celebrando no polideportivo municipal de Perrillo", segundo recolle o escrito do Ministerio Público.
Escribe o teu comentario