O orzamento da Coruña perde seis millóns este ano polas alegacións

O ditame da Comisión de Facenda aprobouse co apoio do PSOE e a abstención do PP, Marea Atlántica e BNG.


|

Corunapleno


A Corporación municipal da Coruña aprobou, co único voto a favor do PSOE e as abstencións de Marea Atlántica, PP e BNG, o ditame da Comisión de Facenda que aproba as alegacións ao orzamento deste ano.


Con iso, as contas descenderán a 239 millóns fronte aos 245 previstos inicialmente, segundo lembrou a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito.


No pleno, volvéronse escoitar críticas dos grupos da oposición ao posicionamento da Marea Atlántica, a pesar do respaldo dos socialistas a unhas contas que, o pasado mes de febreiro, o alcalde, Xulio Ferreiro, someteu a unha cuestión de confianza ao non obter o apoio para sacar os orzamentos de maneira inicial.


Na súa intervención, a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, lembrou que se reduce en case seis millóns o orzamento respecto da previsión inicial, tras o paso das alegacións pola Comisión de Facenda. Das contas, dixo tamén que cumpren o "equilibrio orzamentario" que establece a Lei de Facendas Locais.


ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN


Pola súa banda, a concelleira do BNG Avia Veira xustificou a abstención deste grupo alegando as discrepancias desta formación en cuestións como "as rebaixas nos ingresos, nos cursos para desempregados ou na renda social en cumprimento dos acordos da Comisión de Facenda", apostilou.


Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal socialista, José Manuel García, manifestou que se chegou a este pleno tras "un tortuoso camiño", dixo sobre a cuestión de confianza e as discrepancias nas negociacións coa Marea Atlántica. "Non se xestiona con enfrontamentos permanentes", replicoulle ao alcalde, Xulio Ferreiro.


Mentres, a portavoz do grupo municipal do PP Rosa Galego cualificou de "nada ambicioso" o orzamento. Tamén dixo que se "externaliza máis que nunca", mentres que volveu denunciar que "se recortan axudas ás asociacións e abandónanse os barrios".


Entre outras cuestións, criticou a existencia "dunha baixa dun millón de euros para vías públicas ou de 800.000 euros para a rehabilitación e e adquisición de vivendas".

relacionada Ferreiro perde a cuestión de confianza
relacionada A Coruña aproba de maneira inicial o seu orzamento ao non haber moción de censura
relacionada Xulio Ferreiro: "Non podía ocorrer o do ano pasado"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE