Alcoa e Parter alcanzaron este luns un principio de acordo para a venda das plantas da Coruña e Avilés, á vez que se amplía de novo o proceso do ERE ata o 31 de xullo co fin de poder selar o visto e prace. Tras este principio de acordo que reconduce a situación, volverá convocar aos traballadores o vindeiro mércores para presentarlles o borrador do texto que se rubricará a final do proceso de venda. "Non imos bendicir ningún proceso no que non participamos", avisan os traballadores.
O arrestado en Galicia é considerado o "máis perigoso dos detidos", un reincidente que se facía chamar 'amo' na rede.
A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.
A permanencia do Deportivo da Coruña en Segunda División supón unha serie de perdas para o club herculino, como a baixada orzamentaria e a perda de xogadores fundamentais.
As celebracións na Coruña deixaron estampas terribles nas praias de Oza, Orzan e Riazor, onde os asistentes, aínda que deixaron menos cantidade de lixo que outros anos, seguen despreocupándose de recoller os seus desperdicios.
O Mallorca arroiou ao Deportivo da Coruña en Son Moix e quedará outro ano máis en Segunda División.
O cartel de ‘Non hai billetes’ xa colga dos despachos de billetes do estadio, que vivirá unha das grandes noites da historia do club herculino.