​Os socialistas e Marea Atlántica alcanzan un acordo programático na Coruña

Hai uns días a alcaldesa Inés Rey afirmaba nunha conversación para este medio que non descartaba alcanzar un acordo e que mantiña as súas portas abertas. Agora, o  principio de acordo, similar ao alcanzado e asinado entre o PSOE e o BNG, deberá ser ratificado hoxe polas bases de Marea Atlántica, que non formará parte do goberno municipal. 


|

Hai uns días a alcaldesa Inés Rey afirmaba nunha conversación para este medio que non descartaba alcanzar un acordo e que mantiña as súas portas abertas. Agora, o  principio de acordo, similar ao alcanzado e asinado entre o PSOE e o BNG, deberá ser ratificado hoxe polas bases de Marea Atlántica, que non formará parte do goberno municipal.


Xulio Ferreiro e Inés Rey manteñen un encontro institucional de fronte ao traspaso de poderes


Inés Rey nun encontro con Xulio Ferreiro, exalcalde da Coruña e por entón líder de Marea Atlántica


O anuncio da cordo foi anunciado polas dúas forzas políticas, e agora só queda esperar a decisión que tomen as bases para que se repita a fotografía que hai días tivo a Inés Rey e Francisco Jorquera como protagonistas, pero agora co representante da Marea Atlántica en lugar do líder nacionalista.  


"O pasado 26 de maio, a cidadanía da Coruña votou claramente en favor dun goberno progresista no seu concello. A Marea Atlántica e o PSdeG-PSOE acordamos sumar esforzos para construír unha maioría suficiente de carácter progresista con obxecto de sacar adiante as políticas transformadoras que demandan as veciñas e veciños da nosa cidade", sinala o comunicado, recalcando que o pacto se alcanza en prol de “unha axenda social transformadora”.



A área metropolitana da Coruña, a gratuidade do ensino para os nenos de 0 a 3 anos, as bonificacións para determinados colectivos sociais no transporte público ou a "recuperación" do bordo litoral son algúns dos puntos fixados no pacto, ademais de compromisos en materia de infraestruturas ou impulsar ordenanza de igualdade. Do mesmo xeito, emprazan ata setembro as negociacións ao redor dos orzamentos municipais


"NON SE DESCARTA NADA"

O anuncio chega poucos días despois da conversación mantida entre este medio e a alcaldesa herculina, na que, aínda que admitía que as “circunstancias” non se daban nese momento para poder alcanzar un acordo, non rexeitaba poder alcanzalo no futuro a pesar de ter que empezar a gobernar en solitario.


Non aventuro nada porque a verdade é que os mandatos dan voltas. Pero nós temos que empezar a gobernar desde xa e iniciamos este mandato en solitario porque non se deron as circunstancias para facer un goberno de coalición coas outras forzas progresistas. Pero xa dixemos que non se descarta nada”, afirmou a edil coruñesa.


Marea atlantica negociacion


Negociación entre Marea Atlántica e PSdeG


“Isto dura catro anos, as formacións políticas poden cambiar de criterio e mesmo podemos tecer esas redes de confianza necesarias para poder gobernar en coalición, circunstancia que neste momento non se dá, pero que non podemos descartar que se poida dar dentro de dous anos por exemplo. Non pecho a porta a ninguén, as miñas portas están abertas para todos, tanto no plano municipal como político”, sentenciou a alcaldesa socialista. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE