Pesar pola morte dun futbolista do Ameixenda ao saírse da vía co seu vehículo

|

Un mozo, de 34 anos, veciño da localidade coruñesa de Cee perdeu a vida este domingo ao saírse da vía co vehículo no que viaxaba e precipitarse por un terraplén.


O 061 atendeu a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico a fin de semana en Galicia, das que dúas morreron



Así, tal como informaron fontes da Policía Local de Cee a Europa Press, o suceso ocorreu ao redor das 14,15 horas deste domingo na estrada que une os municipios de Cee e Muros.


Bruno Castro, xogador da CD Ameixenda  de 34 e único ocupante do vehículo, saíuse da vía co seu coche, un Citroën Xsara, á altura da parroquia da Ameixenda.





Así mesmo, fontes do 112 Galicia sinalaron a Europa Press que foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia. Polo ocorrido, precisouse da actuación do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil do devandito municipio.


Xa no lugar, os servizos sanitarios só puideron constatar a morte do novo, mentres que os bombeiros tiveron que excarcerar o corpo, xa que se atopaba atrapado no vehículo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress