Falece outro operario atrapado debaixo dun carretillo, o segundo en dous días
Segundo día tráxico en Galicia con sucesos relacionados con carretillas. Onte o municipio coruñés de Carral rexistrou o segundo accidente moral dun operario que quedou atrapado debaixo dunha carretilla. O segundo en dous días na comunidade.

Os feitos sucederon na parroquia de San Martiño de Tabeaio, en Lameira, pertencente ao municipio de Carral. Os servizos sanitarios acudiron ao lugar despois de que ás 17 horas o 112 notificase o accidente.
Membros de Protección Civil de Carral, así como a Garda Civil e os Bombeiros de Arteixo acudiron ao lugar, para proceder á excarceración, máis o persoal sanitario desprazado non puido facer máis nada que constatar o falecemento
SEGUNDO SINISTRO EN DOUS DÍAS
Este suceso é similar ao rexistrado o pasado martes no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, onde un traballador faleceu despois de caer e quedar atrapado baixo unha carretilla elevadora mentres traballaba.
O suceso, ocorrido nunha canteira da zona de Santa Ana da Portela do Trigal, tamén obrigou a desprazar un operativo ata o lugar, pero como en Carral non puideron facer nada por salvar a vida do home.
Escribe o teu comentario