A alcaldesa da Coruña pide responsabilidade para permitir un goberno que poida darlle estabilidade a Alcoa
A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.
A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.
A nova edil socialista tamén mostrou o seu malestar coa postura de Alcoa e Parter Capital. A pesar de ter un acordo entre elas, insisten en que o plan debe ser ratificado polos traballadores. A asemblea da Coruña rexeitouno parcialmente, con condicionantes, e a de Avilés rexeitouno onte pola noite. Hoxe pola tarde hai unha reunión en Madrid, pero os traballadores están entra a espada e a parede, pois o prazo fixado polos norteamericanos para lanzar o ERE expira este domingo.
Rey ponse ao lado dos operarios, destacando, ademais, que aos traballadores non se lles permitiu coñecer todos os detalles da compra. "A última información, da 1 da madrugada do xoves, que teño é que se lle pedía ao Comité de Empresa Comité de Empresa que ratificase o contrato de compra-venda, que ten cláusulas que son secretas e por tanto ratificar algo que descoñeces, cando non é preceptivo ... desde o meu punto de vista, persoal e político, non parece o máis idóneo ; aí teño que darlle a razón aos traballadores", argumenta.
DOMINGO DATA TOPE
Á edil parécelle "lóxico" que estas condicións os operarios non outorguen o seu aval completo á operación. Rey reclama ás empresas que "rebaixen un pouco, ou eliminen" a súa esixencia poque "non parece necesario para que se produza a venda" e así evitar que "cheguemos coa espada de Damocles ao domingo".
Á espera de saber se hai fumata branca en Madrid esta tarde, a incerteza sobre un acordo que parecía encamiñado está xa provocando reaccións políticas. A Xunta apresurouse a culpar ao Goberno de Pedro Sánchez da situación de que Parter non poida "comprometer o emprego máis aló de dous anos".
Por outra banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres que os deputados electos polas circunscricións galegas poden "condicionar o proceso de investidura" de Pedro Sánchez "a que haxa unha solución para Alcoa" e para o marco enerxético industrial. Unha postura lastrada porque o Bloque non ten ningún representante nas Cortes.
Pontón falou tras unha reunión cos operatios na Coruña. O portavoz sindical, Julio Moscovich,
denuncia que "Alcoa está a facer unha chantaxe aos traballadores" ao forzarlles a ratificar algo que non coñecen completamente.
Escribe o teu comentario