Aínda está pendente unha Orde Ministerial para regular os detalles do uso obrigatorio de máscaras. O Goberno promete enviar material a todas as comunidades autónomas, que terán certa autonomía para regular certas actividades.
Con só 5 positivos confirmados o domingo, o coronavirus segue retrocedendo en Galicia. Non está derrotado do todo, aínda onte ingresaron 8 persoas no hospital e morreu outra, pero todos os indicadores indican que a primeira onda da epidemia podería extinguirse pronto, se non chega xa o temido rebrote.
As previsións do Goberno de España para que o conxunto do país entre na “nova normalidade” van unidas á activación da aplicación móbil ‘Asistencia Covid-19’, que será o instrumento que a partir de xuño ou principios de xullo utilizará Sanidade para rastrexas os casos activos e focos de contaxio da enfermidade.
Non chegaría a hora de recoñecer a nobreza de quen, ademais de crear un saneadísimo e universal imperio económico de capital español, deu mostras reiteradas e moi significativas de solidariedade social, como é o caso de Amancio Ortega Gaona?
Noutras palabras, as leves caídas comunicadas hoxe son moito máis realistas que as artificialmente bruscas das pasadas xornadas, sobre todo na Coruña e Santiago.
Os datos oficiais do coronavirus en Galicia volven bailar. Non tanto como onte, cando varios indicadores ofrecían resultados imposibles.
Tras publicar Galiciapress que os datos de hoxe eran imposibles e pedir unha aclaración á Xunta, a Consellería remitiu unha explicación detallada sobre as cifras de coronavirus que remitiu hoxe ao Ministerio. Uns números que menoscaban, outra vez, a confianza nas estatísticas oficiais.
Unha aposta pola de ortodoxia económica que tería a súa continuación en novos tratados que asinaron en pedra deberes austericidas para todos os estados da UEM. Así, coa aprobación dos MEDE e ECG e as reformas constitucionais oportunas, os estados da UEM comprometéronse a que o control dos déficits e o pago das débedas públicas tivesen prioridade sobre calquera outro obxectivo macroeconómico.
19 usuarios do centro e 11 empregados deron positivo por coronavirus o pasado 8 de abril. Un mes despois, e con todos os afectados xa totalmente recuperados da enfermidade, no Fogar de AMICOS celebran a súa vitoria contra o coronavirus.
De aceptar o Goberno de España a petición, miles de madrileños probablemente non poderán vir veranear á costa galega, polo menos en xuño
Só quedan 74 casos activos alí, aproximadamente a metade que fai quince días.Segundo o SERGAS, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol.
O único malo das cifras de hoxe é o repentino repunte de ingresos en UCI, que pode ser produto dun rebrote a finais de abril. De non ser por iso, as cifras do xoves serían case perfectas.
Uns 48.000 galegos poderían sufrir a enfermidade sen que se lles realizou un test PCR. Iso a pesar de que Galicia fai máis PCR que a media de autonomías e é a segunda comunidade que máis porcentaxe de contagios detectou.