Boas noticias: ningún falecido e só 6 positivos por PCR en Galicia, as mellores cifras desde o inicio do estado de alarma


O único malo das cifras de hoxe é o repentino repunte de ingresos en UCI, que pode ser produto dun rebrote a finais de abril. De non ser por iso, as cifras do xoves serían case perfectas.


|

O único malo das cifras de hoxe é o repentino repunte de ingresos en UCI, que pode ser produto dun rebrote a finais de abril. De non ser por iso, as cifras do xoves serían case perfectas.


En Galicia deron positivo por algunha proba 10.892 persoas, 60 máis que onte


POSITIVOS

O número de casos confirmados en Galicia leva tres días seguidos subindo, algo que non ocorría desde mediados do mes pasado.


Iso si, son aumentos moi limitados e, no seu conxunto, a semana actual presenta unha mellor evolución que a anterior


Así se ve na gráfica da media móbil a 7 días, que suaviza o impacto de saltos en xornadas determinadas. Este indicador baixou bastante esta semana, duns 100 por casos por día a semana pasada a uns 60-70 na presente



Débese este descenso a que a Xunta está a facer menos probas PCR, en teoría porque cada vez hai menos persoas que cumpren os requisitos para facerllas, a pesar de ser estes requisitos cada vez máis laxos?


A evolución de "novos positivos PCR" confirma que cada vez hai menos persoas que presentan síntomas compatibles e dan positivo. En teoría, agora calquera persoa sospeitosa pode recibir o resultado desta proba nun tempo relativamente rápido. 


A pesar da maior capacidade para facer PCR, o descenso da serie de casos confirmados por este método é moi notable. Ao ser o método máis fiable, permítenos seguir sendo optimismistas.


Na serie de "novos positivos anticorpos" continúa sen haber unha tendencia moi clara, aínda que apunta a unha certa estabilidade ao redor dos 50 positivos por día.  Xa fai máis dunha semana que non se detectan máis de cen casos ao día.


Estas probas de anticorpos están a facerse sobre todo a colectivos especialmente expostos, como sanitarios, non a persoas con síntomas.  Non distinguen entre enfermos actuais e pacientes xa recuperados, nin son tan fiables como os PCR.





HOSPITALIZADOS E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


O número de hospitalizados cada día esta semana tamén é significativamente menor ao da semana pasada, onde houbo un repunte significativo.


A media móbil a sete días chegou a ser de 17 persoas hospitalizadas por xornada, afortunadamente descendeu a 10 persoas ingresadas cada día. 


Dez ingresos cada día que, en todo caso, indica que a pandemia dista de estar derrotada do todo.




Aquel repunte de hospitalizacións da semana pasada unha das posibles causas do salto de ingresos en unidades de coidados intensivos hoxe. 


É sorprendente que ingresasen cinco persoas en coidados intensivos é un só día. É algo que non sucedera en todo o mes.


Afortunadamente, tamén hai persoas que saen da UCI. Como onte non faleceu ninguén e só hai un paciente crítico máis a pesar deses cinco ingresos, podemos deducir que catro persoas saíron de coidados intesivos o xoves.




Vistas as gráficas e o comportamento da enfermidade, pódese expor unha hipótese.


A mediados de abril houbo un repunte de contagios -limitado e xa superado-, que provocou ese  repunte de hospitalizacións a semana pasada e que pode estar detrás da freada ao descenso en alivio en UCIs esta semana, incluído o ingreso de cinco persoas en críticos onte.


FALECEMENTOS


Oxalá que ese progresivo repunte noutros indicadores nunca se deixe notar na cifra de decesos diaria. Por agora, non sucedeu.


De feito, onte foi a primeira xornada en moitísimo tempo sen ningún falecido en Galicia, nin en residencias nin en hospitais. É o primeiro día desde o principio do estado de alarma que non morre ningunha persoa en Galicia por coronavirus. 


Isto débese a que, este xoves foi a primeira vez que non morreu ninguén nun hospital, desde que empezou o estado de alarma.


As residencias galegas levan sen sufrir decesos por Covid-19 desde o 5 de maio. Hai que lembrar que estes centros están relacionados co 45% dos óbitos no país, aproximadamente.





DATOS DE CORONAVIRUS EN ESPAÑA


A cifra de falecidos hoxe é a segunda menor desde que España chegou ao pico da enfermidade. A tendencia xeral segue á baixa, moi lentamente, iso si.





Se hai un rebrote notarémolo primeiro no número de casos confirmados por PCR. Cifra que leva xa catro días subindo en España.


Iso si, son ascensos que parecen moi limitados: 549 casos onte fronte aos 373 do luns, cando España rexistrou o seu mínimo desde o pico da enfermada. O doutor Fernando Simón sinalou que este lixeiro repunte pódese deber ao "sobresforzo" que están a facer as comunidades na detención de contagios respecto a períodos previos.





A nivel internacional, as cifras de Rusia son sospeitosas. É xa o segundo país do mundo con máis contaxiados, por encima dos 250.000. Con todo, notifica só 2.350 mortos. Son uns 7.800 decesos menos que en Alemaña, con 174.000 positivos confirmados.





ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia (4)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE