Hai 11 semanas que non había tan poucos contagios, indican os novos datos do coronavirus en Galicia

Con só 5 positivos confirmados o domingo, o coronavirus segue retrocedendo en Galicia. Non está derrotado do todo, aínda onte ingresaron 8 persoas no hospital e morreu outra, pero todos os indicadores indican que a primeira onda da epidemia podería extinguirse pronto, se non chega xa o temido rebrote.


|

Con só 5 positivos confirmados o domingo, o coronavirus segue retrocedendo en Galicia. Non está derrotado do todo, aínda onte ingresaron 8 persoas no hospital e morreu outra, pero todos os indicadores indican que a primeira onda da epidemia podería extinguirse pronto, se non chega xa o temido rebrote.


Os datos oficiais de hoxe do Ministerio -alimentados coas cifras que lle envía a Xunta- traen unha importante novidade metodolóxica. 


Adeus á serie de positivos por anticorpos. Como levaba días indicando Galiciapress, a súa falta de actualización regular emborronaba as serie diaria de novos contagios. 


Algo potencialmente moi perigoso, pois é este indicador o que nos debería alertar primeiro da chegada da segunda onda.


A partir de hoxe, as autoridades publican só os positivos por PCR. Algo que non resta utilidade á estatística, pois agora hai suficientes probas PCR para facerllas rápido a calquera persoa sintomática e os seus contactos próximos. 


Os positivos por anticorpos variaban moitísimo. Un domingo ningún e máis de 300 días o martes, por exemplo. Isto debíase a que a Xunta usa estas probas para determinados colectivos, como sanitarios, e os seus resultados acumulábanse en certas xornadas. 


Ademais, ata principios de mes a Xunta non informou diariamente o Ministerio de positivos por anticorpos, algo que si facían case todas as outras autonomías. A Xunta agora si que informa a diario, vese nas gráficas do Ministerio, pero Moncloa decidiu deixar de dar datos de positivos de anticorpos.


POSITIVOS


Así as cousas, o número total de casos acumulados de Covid en Galicia queda en 10.965.  Son unicamente 5 novos positivos, a menor cifra de contagios detectados desde hai máis de dous meses, o 9 de marzo. Por entón, aínda faltaban seis días para o estado de alarma.

 

A media móbil a sete días queda en 42 casos confirmados ao día. Agora ben, hai que ter en conta que este indicador ten en conta aínda os volubles positivos por anticorpos. Segundo o presidente da Xunta, a media semanal de casos positivos por PCR anda polos 7.


En todo caso, mesmo teniendo en cuenta os distorsionadores positivos por anticorpos, apreciamos na gráfica que suma positivos dos dous tipos o retroceso de novos casos. Por agora, crucemos os dedos, non hai indicios do temido rebrote:




HOSPITALIZADOS


A serie de novos hospitalizados é a que nos debería alertar en segundo lugar dun rebrote.


Afortunadamente, tampouco neste indicador hai indicios dun repunte. Onte ingresaron 8 persoas no hospital, que é un número significativo e 5 máis que o sábado.


Agora ben, se nos fixamos o a media móbil a 7 días, que nos permite suavizar o impacto de xornadas con cifras fóra do común, observamos que a tendencia xeral segue á baixa. 


A principios de maio houbo un repunte no que a media de diaria de hospitalizados chegou ata os 17, pero hoxe anda polos 5. 


Agora mesmo, hai unha media de hospitalizados por día similar á que había cando se declarou o estado de alarma.




INGRESOS EN UCI, FALECIDOS E OUTROS INDICADORES


Onte morreu unha persoa. Segundo o SERGAS de Santiago,  era un home de 88 anos ingresado en o  Hospital A Rosaleda  e que tiña patoloxías previas. 


Co seu falecemento, son xa 607 os decesos en Galicia con COVID19. O 45% deles eran persoas que residían ou traballaban en centros de anciáns, aínda que fai máis dunha semana que non se rexistran decesos en residencias.


Os datos oficiais aínda  seguen mostrando saltos incribles. Por exemplo, o 28 de abril mostran 139 falecementos en Galicia de súpeto. En realidade ese día foi cando a Xunta empezou a comunicar a Moncloa os falecidos de residencias.


Ese 28 de abril tamén apareceron de súpeto 3.552 curados, produto doutro cambio na forma de contar.


Distorsiones deste tipo dificultan o adecuado estudo da pandemia no país.



ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia (5)


DATOS DO CORONAVIRUS EN ESPAÑA


A nivel estatal a evolución dos indicadores tamén convida a certo optimismo.


Con 27.709, España é o quinto país con máis decesos notificados. Afortunadamente, o ritmo de óbitos contina baixando, moi lentamente, pero baixando.




E o que tamén é moi importante, tamén esta baixando o número de positivos confirmados por PCR, só 285 onte en toda España. Houbo días con máis de 9.000 casos confirmados.




A nivel internacional, Estados Unidos segue liderando a notificación de falecementos con máis de 88.000. Como aínda fai menos dun mes que alcanzou o seu pico de casos, vendo a gráficas española e italiana, pódese inferir que Estados Unidos aínda ten por diante máis dun mes soportando a lenta e amarga caída de falecementos diarios, que aínda están alí nuns 800 ao día. 







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE