Volta ao traballo na Xunta sen control pon en risco a miles de traballadores, alertan sindicatos

A Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO), Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) e Unión Xeral de Traballadores (UXT) denuncian en bloque á Xunta por "incumprir" o protocolo de reincorporación dos traballadores desta Administración á actividade presencial e solicitan que o paralice.

|

O 51,89 por cento dos empregados públicos volve aos centros de traballo, salvo ,os de educación, sociosanitarios e ámbito xudicial. Unha volta forzada sen tomar as precaucións pactadas, advirten a práctica totalidade das centrais con representación na Xunta.


A Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO), Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) e Unión Xeral de Traballadores (UXT) denuncian en bloque á Xunta por "incumprir" o protocolo de reincorporación dos traballadores desta Administración á actividade presencial e solicitan que o paralice.



CasaDeChocolate

Edificio da Xunta en Ourense



NON HAI NIN MÍNIMAS GARANTÍAS

Así o fixeron constar nun escrito enviado este domingo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia e Administracións Públicas. Segundo todas as forzas sindicais, o Goberno galego está a incumprir o protocolo de incorporación que foi aprobado no propio Consello da Xunta o pasado 8 de maio.

Baixo esta premisa, os sindicatos tamén denuncian que non se respecte a Lei de Prevención de Riscos Laborais nin as "mínimas precaucións que se teñen que ter para a apertura progresiva de centros e servizos en base ao sentido común".


QUE DEPARTAMENTOS DA XUNTA ABREN A partir de HOXE?

"Preto de 10.000 empregados poden estar chamados a esta reincorporación" debido á reapertura da actividade presencial en bibliotecas, museos e arquivos da Consellería de Turismo; as oficinas de emprego da Consellería de Economía ou as oficinas comarcais agrarias da Consellería do Medio Rural.


As forzas sindicais tamén aseguran que as Consellerías están a "saltarse pasos de control e avaliación" coas chamadas telefónicas que realizan aos traballadores para reincorporarse este luns, sen que se tomaron "as medidas preventivas necesarias" nos centros.

REINCORPORACIÓN "Ás BRAVAS"
Neste sentido, explicaron que o venres a dirección xeral de Función Pública acabou de enviar os informes para solicitar os persmisos en PortaX para a reincorporación. Dados os tempos que se manexan, os sindicatos pregúntanse "como lle vai a dar tempo ao persoal para solicitar o permiso correspondente á súa situación e ás xefaturas para resolvelo durante a fin de semana".

Para eles, este procedemento supón unha reincorporación "ás bravas" que pon "en risco a seguridade e saúde" dos traballadores, así como tamén supón o "abandono dos menores e maiores a cargo".

Os sindicatos consideran que non se escoitaron as súas reclamacións e piden que se paralice o proceso e oian as demandas para fomentar o teletraballo, así como a flexibilidade durante a reicorporación "progresiva ao traballo presencial".

"ACTITUDE IMPOSITIVA" DA XUNTA
En todo caso, rexeitaron a "actitude impositiva da Xunta que contradi o Protocolo, pon en risco ás persoas e usuarios de servizos públicos e vai en contra a prudencia e principio de precaución que a Adminsitración debería ter" neste aspecto.

Por todo iso, advirten á Xunta de que o proceso debe paralizarse "de forma inmediata e cautelar" e que, en caso de non responder a esta reclamación, os sindicatos veranse "na obrigación de defender os dereitos do persoal empregado público ante as instancias correspondentes".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE