Retroceso leve do coronavirus en todas as áreas de Galicia, segundo a gráfica dos datos do SERGAS

Noutras palabras, as leves caídas comunicadas hoxe son moito máis realistas que as artificialmente bruscas das pasadas xornadas, sobre todo na Coruña e Santiago.


|

Galicia suma a súa terceira xornada consecutiva sen rexistrar nin un só repunte no conxunto das súas áreas sanitarias. En só 72 horas o número total de casos activos, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, reduciuse en máis de 900 casos activos.


Nas últimas 24 horas son 28 os casos que se perderon no computo  do SERGAS, un ritmo moitísimo menor que outros días, cando a Xunta eliminou das súas listas máis de 700 de casos activos por un cambio de criterio metodolóxico.

Noutras palabras, as leves caídas comunicadas hoxe son moito máis realistas que as artificialmente bruscas das pasadas xornadas, sobre todo na Coruña e Santiago.





Desde onte, a área que viu minguar máis as súas cifras é Vigo. A área olívica segue sendo a máis golpeada polo coronavirus. Con todo, son trece casos menos desde domingo, que aínda que son as mellores cifras deste luns, chocan cos 49 casos que perdeu a área viguesa onte ou os 77 do sábado. Doutra banda, cabe destacar que ao tratarse dos datos recolleitos en domingo, onde habitualmente a actividade hospitalaria vese reducida, hai que atender ás cifras con cautela.


A Coruña, a segunda área en número de casos activos, só perde un caso desde onte, o que a mantén no segundo caixón de áreas máis afectadas. Ourense, a terceira nese sentido, ve reducida a súa gráfica en dous casos menos nas últimas 24 horas, a mesma redución que experimenta Lugo, que o sábado baixou dos 100 casos activos.


Mentres, Pontevedra, que tamén se puxo por baixo dos 100 casos esta fin de semana, perde cinco casos, os mesmos que alivian a área de Santiago. Ferrol, a área sanitaria con menos casos activos, é a única que esta xornada non sofre alteracións de ningún tipo, quedándose nos 35 casos que ofrecía onte. 





Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este luns 18 de maio en Galicia ascende a 1.171 dos cales 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago e 35 da de Ferrol.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE