746 curados de coronavirus nun só día aparecen nos datos de Galicia por outro cambio metodolóxico


Os datos oficiais do coronavirus en Galicia volven bailar. Non tanto como onte, cando varios indicadores ofrecían resultados imposibles.


|

Os datos oficiais do coronavirus en Galicia volven bailar. Non tanto como onte, cando varios indicadores ofrecían resultados imposibles.


Hoxe unicamente a serie de persoas curadas cambia de maneira incrible. Agora ben, a diferenza de onte, hoxe a Xunta si ofreceu de primeiras unha explicación, sen que os medios teñan que publicar os datos oficiais advertindo que son inverosímiis. 




746 RECUPERADOS NUN SÓ DÍA

"Procede deixar de considerar casos activos aqueles anteriores a a citada instrución nos que non se comprobou que xa existe unha PCR negativa posterior á proba diagnóstica", sinala o SERGAS. A Xunta refírese a unha orde do Ministerio deste martes que ordenaba que "cando se trata de probas diagnósticas que necesiten confirmación PCR non procedería abrir caso á espera do resultado PCR".


Por exemplo, aqueles que  desen positivo por anticorpos pero que despois deron negativo por PCR,non poden figurar como casos. 


É precisamente o que lle pasou por centos de de traballadores do SERGAS e é a razón dos sorprendentes repuntes de casos sufridos estas semanas en Vigo e Santiago.


Explicado isto, pódese entender porque hoxe aparecen subitamente 746 persoas recuperadas nas series oficiais;



Onte a Xunta non explicou porqué desapareceron centos de  positivos e hospitalizados ata que varios medios, como Galiciapress, sinalaron a irregularidade. O Goberno dixo que esta contando "episodios" e non "persoas".


POSITIVOS

Deixando ao carón o barullo estatístico de Xunta e Ministerio, podemos saber que está a pasar coa epidemia? 


Hai, por exemplo, máis contagios agora que o desconfinamiento non é tan duro e ademais algunhas persoas están a se relaxar no cumprimento das normas?


A resposta é que por agora non hai indicios dun repunte. Máis ben todo o contrario.


Para chegar a esta conclusión hai que fixarse no indicador "novos positivos PCR". Os 10 contagios confirmados hoxe por PCR son máis que onte, pero a tendencia xeral da serie é marcadamente á baixa. 


Levamos toda a semana sen máis de 16 positivos vía PCR ao día, o que é unha gran noticia. As probas PCR son as máis lentas pero, polo menos en teoría, como a Xunta fai máis de 1.000 ao día, fánselle deseguido a calquera persoa que reporta síntomas compatibles e os seus contactos próximos. 


A pesar desta rapidez e cantidade de test, inexistentes ao principio da crise, cada vez saltan menos positivos de PCR.


Da que non podemos sacar ningunha conclusión é da serie de novos positivos por anticorpos. Onte apareceron de súpeto 324, algo excepcional, e hoxe volve a normalidade con  16. 


A Xunta non informa de cantas probas de anticorpos fai ao día. Ademais, só remite datos diarios ao Minsiterio destes positivos desde o 5 de maio, mentres que case todas as autonomías levaban xa semanas remitíndoos.




En todo caso, o descenso dos contagios en Galicia é evidente e debería axudar a pasar a Fase 2. Por vez primeira a media móbil a sete días descende por baixo dos 50 positivos diarios, incluso contando os saltos en positivos por anticorpos.




HOSPITALIZADOS


Os ingresos en hospitais tamén están a caer. Despois do preocupante repunte da semana pasada, cando se chegou a 24 hospitalizados nun só día, nesta semana non se pasou de 14, hoxe precisamente.




Nas UCIs só quedan 18 persoas ingresados con COVID-19, a menor cifra desde o 18 de marzo e un menos que onte, mostra sériea "UCI activos", elaborada cos datos das notas de prensa do SERGAS.


Na serie "Acumulados UCI", alimentada coas cifras que o SERGAS manda a Madrid e publica o Ministerio, pódese ver a desfeita estatística debida ao cambio metodolóxico de onte. De súpeto desapareceron 37 casos críticos onte , para reaparecer hoxe.




FALECEMENTOS


Fai xa dez días que non se notifica ningunha morte nas residencias, que seguen estando detrás do 45% dos decesos por COVID-19 en Galicia.


O total de falecidos elévase a 606, tras dous decesos onte en hospitais. 


A pesar da traxedia de 606 falecementos hai boas noticias, estadisticamente. A tendencia xeral desta semana é de menos óbitos diarios que a semana anterior, menos de dúas ao día.


BAIXA O RTIMO DE DECESOS EN ESPAÑA, AUMENTA EN BRASIL


O ritmo de falecementos tamén está a baixar en España. De feito, hoxe por vez primeira desde o pico notificáronse menos de 100, 87.


 Brasil, con máis de 700 decesos ao día cando aínda non chegou ao pico e 15.662 mortes en total, é posible que ao final sufra máis falecementos que España.



Made with Flourish




Grafico aumento curados




Gráfico elaborado a partir dos datos oficiais de novos recuperados, só hai cifras desde o 29 de abril debido a outro cambio metodolóxico executado pola Xunta o 28 de abril

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE