Repunte leve de coronavirus en Lugo e A Coruña volve ser a área con máis casos activos

Só quedan 74 casos activos alí, aproximadamente a metade que fai quince días.Segundo o SERGAS, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol.


|

A unha semana para que o Ministerio decida que provincias ou áreas poden seguir avanzando na desescalada é clave analizar as tendencias de cada zona.


As boas cifras de hoxe a nivel galego teñen o seu reflexo nos datos por áreas sanitarias. Só Lugo, cun pequeno repunte de 5 casos activos máis este venres, desmárcase da tendencia xeral. 





Con todo, os lugueses non deben, en principio, caer nunha excesiva preocupación. Outras áreas sanitarias do SERGAS sufriron repuntes nas cifras oficiais destas semanas para continuar despois baixando pouco despois. Así pasou en Santiago e Vigo.


Vigo, precisamente, é a área sanitaria con maior descenso esta semana. Tanto, que A Coruña volve ser a zona con máis casos activos de Galicia, 494.


En termos xerais, Ferrol tendo a mellor evolución. Só quedan 74 casos activos alí, aproximadamente a metade que fai quince días.


Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol.


En xeral, o comportamento de todas as áreas sanitarias galegas está a ser bastante homoxéneo. É de esperar, pois, que o veredicto de Moncloa sobre Galicia sexa homoxéneo. Pasaremos ou quedaremos en fase 1, pero será todos á vez. 





IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE