Alberto Núñez Feijoo

O Caloret de populares, ex-converxentes e Puigdemont

Na época que estamos, en pleno verán, con altas temperaturas na maior parte de España, o que realmente apetece é darse un bo baño que faga máis levadío os efectos da calor ou ir á montaña, para aqueles que a prefiran.

Casado ofrece un cargo a Feijóo tras o desafío de Baltar

Manuel Baltar moveu ficha primeiro, apoiando a Santamaría. Feijóo anunciará a súa aposta en breve e será -salvo sorpresa maiúscula- un Pablo Casado que se desfai en eloxios e promesas a el. Antes, iso se, reunirase cos presidentes provinciais para tentar evitar fracturas no voto dos compromisarios galegos.

Sánchez abre a porta para transferir a AP-9

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Goberno de Pedro Sánchez mostrouse "aberto" a transferir a xestión da AP-9 a Galicia, para o que pediu "máis tempo" para estudar esta tradicional demanda que o Executivo galego basea en que a autoestrada transcorre "integramente" por Galicia.

Feijóo pide a Sánchez a transferencia da autoestrada que Rajoy vetou durante anos

O PP españól bloqueou no Congreso varias veces que Galicia xestionase a Autoestrada do Atlántico. Os seus orzamentos contemplaban xa un atraso na chegada do AVE. O presidente da Xunta buscará hoxe arrincarlle a goberno do PSOE os avances que o goberno do seu partido non lle concedeu.

Discípulo o galeguismo de Ramón Piñeiro e primeiro presidente da Xunta: así foi Fernández Albor

Gerardo Fernández Albor morreu este xoves 12 de xullo aos 100 anos en Santiago de Compostela. O político conservador, que se definiu como "vello galeguista" e "vello demócrata"  foi o primeiro mandatario da autonomía galega.

A concesionaria do Cunqueiro gaña 2,42 millóns de euros ao ano

"Por iso esiximos, unha vez máis, a reintegración ao sistema sanitario público deste hospital, para evitar a quebra económica dado o afán desmedido de ganancias da concesionaria", sentencian as organizacións.

O Eixo Atlántico sinala a hipocrisía de Feijóo sobre a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal

Afirman que o Eixo Atlántico foi a "única entidade" que expuxo a necesidade ao Ministerio, chegando a encargar un informe sobre o desenvolvemento e os custos da obra ao profesor Rodríguez Bugarín 

Feijóo evita apoiar á Valedora tras a sentenza na súa contra

Por se non o tiña claro, a Valedora do Pobo sabe desde esta mañá que o seu posto está no aire. O líder da maioría parlamentaria evita darlle o seu apoio e esíxelle explicacións. Toda a oposición xa pediu a súa dimisión tras a sentenza probase que enchufó a irmá de Pedro Puy, o portavoz parlamentario do PP. 

Rafael Domínguez asume o mando do PP de Pontevedra rodeado de altos cargos do partido
Médico e concelleiro, relevará a Moreira nun congreso ao que prevén acudir Ana Pastor, Feijóo e Rueda
Feijóo visitará Moncloa o 17 de xullo para reunirse con Pedro Sánchez
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, continuará elmartes 17 de xullo a súa rolda de entrevistas cos presidentesautonómicos coa reunión que manterá co titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en Moncloa ás 12,00 horas, anunciou este xoves o Executivo.
O PPdeG xa pide que se presente outra vez un Feijóo que debe abordar pronto unha crise de goberno

Mato (A Coruña), Carballo (Lugo), Vázquez (Ourense), Muñoz (Vigo),  Rey Varela (Ferrol)  Agustín Hernández (Santiago) e, probablemente, Domínguez en Pontevedra. Esta é a lista de alcaldables do PPdeG para as cidades galegas. A presenza de dous conselleiros obrigará a reformar o Goberno da Xunta probablemente antes de setembro.

Ciudadanos sobre Feijóo: "O compromiso xa era Galicia fai quince días"

En conversación con Galiciapress, a portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, fixo unha valoración sobre a decisión de Núñez Feijóo de non presentar a súa candidatura para presidir o Partido Popular estatal e da "crise engadida" na formación pola sentenza da Gürtel

Soraya segue gañando a Feijóo na carreira virtual e suma outro importante apoio

Mentres o presidente da Xunta cala -a pesar de que no PPdeG dan por feito que se presentará- a competición por liderar o PP de España xa está en marcha nas redes sociais. E aí, por agora, o galego é superado por varios compañeiros, a pesar de que Feijóo xa suma o apoio de varios cargos 'populares'.

Feijoó deixa entrever que se presentará como candidato a liderar o Partido Popular estatal

O actual presidente da Xunta non desmentiu a súa candidatura, e insistiu en que o seu futuro o revelará en "un acto convocado exclusivamente como Partido Popular". Feijóo mantén así a incerteza mentres crecen as sospeitas acerca do seu novo cargo. 

O PP elixirá o 20 e 21 de xullo o sucesor dun Rajoy que promete manterse á marxe

Alberto Nuñez Feijóo, gran favorito, ten ata quince días desde hoxe para presentarse á presidencia do PP estatal. O líder galego estaría en campaña ata finais do próximo mes. O presidente saínte insiste en que non mostrará preferencia por ningún candidato.

Día chave para coñecer o futuro de Feijóo e a presidencia da Xunta

A pesar da hipoteca que supón as fotos con Marcial Dorado, o presidente do PP de Galicia é o favorito para substituír a Rajoy. De marcharse para Madrid, Feijóo debería triunfar nun Congreso Extraordinario -que se aprobará hoxe- a finais de xullo.

Unha enquisa sitúa a Feijóo e ao PSOE en primeira posición

Alberto Nuñez Feijóo é o preferido entre os votantes do PP para suceder a Mariano Rajoy. Afírmao unha enquisa de GAD3. Agora ben, a nivel electoral o gran triunfador da moción de censura é o PSOE, que dá un gran salto ata situarse primeiro en estimación de voto.

O PPdeG replica que as deputadas opositoras "manipulan" as palabras de Feijóo sobre Pontón
O PPdeG saíu ao paso do comunicado conxunto que emitiron todas as deputadas da oposición --de En Marea, PSdeG e BNG-- no que acusaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "machista" e no que lle esixen que se desculpe coa portavoz parlamentaria do Bloque, Ana Pontón.
Deputadas contra o "machismo" de Feijóo por dicirlle a unha que "está moi necesitada"

Todas as deputadas de En Marea, PSdeG e BNG rubrican un comunicado denunciando a "expresión machista usada polo presidente da Xunta". O mandatario esperoulle á líder do Bloque durante o último Pleno do Parlamento que "a señora Pontón está moi necesitada".

Estes son os apoios de Feijóo para liderar o PP e deixar a Xunta

O aparello do PP estatal xa ten candidato para suceder a Rajoy. O presidente da Xunta sumou estes días numerosos apoios, polo menos entre liñas, dos poucos que se atreven falar. Entre outros, os de Esperanza Aguirre, o da presidenta do PP cántabro, o portavoz do PP no Senado, Margallo, un presidente rexional ou, mesmo, o PNV. Salvo sorpresa maiúscula, Feijóo volverá a Madrid deixando un substituto en San Caetano.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE