Casado ofrece un cargo a Feijóo tras o desafío de Baltar
Manuel Baltar moveu ficha primeiro, apoiando a Santamaría. Feijóo anunciará a súa aposta en breve e será -salvo sorpresa maiúscula- un Pablo Casado que se desfai en eloxios e promesas a el. Antes, iso se, reunirase cos presidentes provinciais para tentar evitar fracturas no voto dos compromisarios galegos.
Manuel Baltar moveu ficha primeiro, apoiando a Santamaría. Feijóo anunciará a súa aposta en breve e será -salvo sorpresa maiúscula- un Pablo Casado que se desfai en eloxios e promesas a el. Antes, iso si, reunirase cos presidentes provinciais para tentar evitar fracturas no voto dos compromisarios galegos.
O candidato para presidir o PP Pablo Casado asegurou este mércores que no seu proxecto "cabe todo o mundo", incluída Soraya Sáenz de Santamaría, e engadiu que así llo trasladou á exvicepresidenta do Goberno durante a reunión de 40 minutos que mantiveron na sede do partido. Ademais, afirmou que o presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é unha "referencia imprescindible" e ten que ter un "papel nacional relevante".
"O MELLOR PROXECTO"
"Non se se son o mellor candidato, pero si que teño o mellor proxecto porque precisamente baixo este paraugas cabe todo o mundo", declarou Casado nunha entrevista en Telecinco, recollida por Europa Press, a dous días de que arrinque o XIX Congreso extraordinario que elixirá o sucesor de Mariano Rajoy á fronte do PP.
Un día despois dese encontro con Santamaría, no que non houbo acordo para unha lista de integración, o exvicesecretario de Comunicación sinalou que seguir debatendo sobre a integración antes do conclave e normas do congreso do PP "non conduce a nada" porque as normas "están para cumprirse".
"DÍXENLLE A SANTAMARÍA QUE TAMÉN CABE NO MEU PROXECTO"
Ademais, subliñou que a integración "ten que ser real" e engadiu que el demostrou que esa integración "é posible" porque xa están "cinco dos candidatos" que se presentaron a liderar o PP "traballando conxuntamente". "Representamos ao 64 por cento dos que votaron", subliñou, para reiterar que no seu proxecto "cabe todo o mundo".
"Díxenlle onte a Soraya Sáenz de Santamaría que ela tamén cabe. Son os compromisarios, os delegados dos afiliados, quen encabeza o proxecto. Pero eu garanto que nese proxecto cabemos todos", afirmou, para engadir que se el gaña "ninguén perde" pero que se non o fai non pedirá "nada" e será "leal" ao novo presidente.
Ademais, Casado rexeitou que este congreso estea "a fracturar" ao PP e engadiu que as "fracturas xa existían" nos territorios e agora hai que "unilas" con "un proxecto ambicioso de futuro". Ao seu entender, non hai que ter "medo" ao debate nin á "liberdade de voto" como fan en EEUU na primarias. Ademais, asegurou que as "sensibilidades" do partido atópanse "cómodas" na súa candidatura porque el non estivo nos problemas provinciais que se produciron.
TER A FEIJÓO "MOI PRETO"
Ante as informacións que apuntan a que Alberto Nuñez Feijoo podería pedir o voto para a súa candidatura, dixo descoñecer que farán os compromisarios galegos e recalcou que o presidente da Xunta é para el unha "referencia imprescindible". Segundo destacou, o PP galego é un "exemplo para seguir" a nivel nacional e Feijóo, "un líder indiscutible a nivel de España" será "o que queira, cando queira e como queira" se o gana o congreso do PP.
Casado dixo que se ten que "acompañar dos mellores" se é presidente do PP porque en política "hai que captar talento". Por iso, sinalou que Feijóo ten que ter un "papel nacional relevante" e reiterou que é unha das "referencias políticas" que el quere ter "moi preto".
O DESAFÍO DE BALTAR
Precisamente, Feijóo desvelará este mércores ou este xoves a súa posición ante o congreso do PP que elixirá o sucesor de Rajoy. Antes quere manter reunións con dirixentes provinciais para tratar este tema, segundo fontes próximas ao presidente galego.
Polo menos un deles, Manuel Baltar, saíuse do guión aunciando o seu apoio a Santamaría. O ourensán non esperou a que o seu superior fixara postura en público e elixiu á ex-vicespresidenta, cuxa contorna é sospeitosa de filtrar as fotos con Marcial Dourado. Un desafío en toda regra a Feijóo que demostra que a cúpula do PPdeG non controla o partido en Ourense.
TERÍA FEIJÓO ALGÚN CARGO?
O deputado abulense ha indicado que aínda non ha pensando quen será o seu secretario xeral e que lerá os nomes dos 35 integrantes da lista do PP pero sen "distribuír todos os postos", de maneira que unha vez que se saiba o resultado "póidase integrar de forma real" a persoas da outra candidatura. Ademais, quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos compromisarios porque "non hai que chamar aos compromisarios e ofrecerlles cargos". "Todos os compromisarios teñen aquí o seu sitio. Eu vou contar con todos", aseverou.
Casado, que dixo que sería "moi positivo", sobre todo porque este congreso do PP "non ten debate de relatorios". "Entón non se pode converter en Operación Triunfo e en ver se o candidato é home ou muller, é maior, é nova, quen está detrás, quen está diante", dixo, para engadir que teñen que ter unha proposta "clara" sobre o que o partido quere facer en España porque hai unhas eleccións municipais e autonómicas "ao virar a esquina".
RAJOY, "PATRIMONIO DE TODO O PP"
Ante a comida de exministros que están contra Santamaría que se celebra este xoves, Casado dixo que non coñece "ningunha comida que vaia contra ninguén". "O feito de que me apoie o comisario español na UE, amigo persoal de Rajoy, que me apoien 10 exministros do Goberno de Rajoy moitos presidentes autonómicos e moitos alcaldes é un problema, creo que temos un problema", afirmou, para engadir que admira a eses ministros de Rajoy que fixeron un "labor fundamental".
Ademais, recalcou que Rajoy é "patrimonio de todo o PP" e "non hai que instrumentalizar o seu nome ou que está a tomar partido" cando quixo facer un congreso "libre", de forma que "ninguén se poida arrogar ser o seu número dous no Goberno". "Igual que eu non me arrogo sendo o seu portavoz partíndome a cara nos peores momentos", aseverou.
Casado puntualizou que algunhas das súas propostas son "construtivas e autocríticas" e, en especial, "facían referencia a unha carteira ministerial", en alusión a Sáenz de Santamaría, sen que "iso afecte á persoa que estaba arriba". Ademais, deixou claro que el está "moi orgulloso" de todo o legado do PP.
VÍDEO NA SÚA CONTRA
Segundo dixo, España "necesita" ao PP despois de baterías de medidas como as que presentou Pedro Sánchez este martes no Congreso para "esnaquizar completamente" o legado Rajoy. "Iso si é ser leal a Mariano Rajoy, facerlle oposición a Pedro Sánchez pero desde unha formulación de respecto aos compromisarios do PP, que queren que falemos do futuro desta casa, que aspira a gobernar en España pero antes ten que falar de ideas, principios e programas electorais para sacar aos socialistas do Goberno", manifestou.
Ante un novo vídeo que circula na internet crítico con Casado, dixo que el "nunca" acusará a ningún candidato de facer un vídeo contra un compañeiro pero tómomo "con máis humor". Segundo engadiu, el quítalle "importancia" porque quere centrarse nunha campaña de "contidos".
Escribe o teu comentario