Deputadas contra o "machismo" de Feijóo por dicirlle a unha que "está moi necesitada"
Todas as deputadas de En Marea, PSdeG e BNG rubrican un comunicado denunciando a "expresión machista usada polo presidente da Xunta". O mandatario esperoulle á líder do Bloque durante o último Pleno do Parlamento que "a señora Pontón está moi necesitada".

Ana Pontón
As 18 parlamentarias esixen unha rectificación e desculpas ao presidente, que por agora non respondeu.
"As palabras emitidas transcenden, con moito, o marco dunha disputa dialéctica e ofende a todas as mulleres", argumentan ante "unha frase inaceptable que nos humilla a todas e oféndenos". As políticas lémbranlle ao mandatario o seu papel institucional e que as galegas saíron á rúa o 8M para, entre outras cousas, combater este tipo de expresións.
Asinan o manifesto:
- Noela Branco Rodríguez
- María de la Concepción Burgo López
- Luca Chao Pérez
- Ángeles Cuña Bóveda
- María Luisa Pierres López
- Ana Pontón Mondelo
- Montserrat Prado Cores
- Noa Presas Bergantiños
- Paula Quinteiro Araújo
- Magdalena Barahona Martín
- Olalla Rodil Fernández
- Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
- Carmen Santos Queiruga
- Eva Solla Fernández
- María Dores Toja Suárez
- Julia Torregrosa Sañudo
- Paula Vázquez Verao
- Patricia Vilán Lorenzo
Escribe o teu comentario