Feijóo asegurou que lle "repugnan" e que lamenta as "corruptelas descubertas" no Partido Popular. "É evidente que no seo do Partido Popular producíronse graves erros de control, por iso hai un extesorero condenado e varios alcaldes condenados", manifestou.
El di que non compite nesa carreira, pero Alberto Nuñez Feijóo segue sumando apoios para ser o líder do PP en España. Aínda que é certo que algún dos recibidos hoxe, como o do ex-ministro de Exteriores Margallo e o do líder do Partido Nacionalista Vasco, poden xogar na súa contra. Á fin e ao cabo, Margallo é un dos poucos versos soltos do PP e o PNV o verdugo de Mariano Rajoy.
A Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes recolleu 1.500 firmas en 10 días para reclamar á Xunta que rexeite a declaración de interese especial do proxecto eólico de Monte Inxerio e Gasalla.
As integrantes da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos na comarca de Ordes quere evitar a "inminente actuación" da Xunta de declarar de interese especial os parques eólicos de Gasalla e Monte Inxeiro.
'Baróns' do partido destacan "o plus" que dá o dirixente dos Peares, ao que ven "en Galicia" a pesar do seu crecente peso nas quinielas para suceder a Rajoy.
Alberto Nuñez Feijóo e Cristina Cifuentes tiñan unha relación estreita. Os dous enarbolaraban a renovación do PP e de feito a madrileña foi unha das que máis participou na campaña das últimas autonómicas. Hoxe o líder galego aplaudiu a súa decisión de dimitir e, preguntado se a orixe da filtración do vídeo do roubo era o propio PP, deixou a porta aberta a esta posibilidade.
O presidente da Xunta evita defender á súa compañeira de partido, como facía a semana pasada. Agora ben, pide tempo para que ela mesma tome unha decisión. Preguntado polas súas propias titulacións en rolda de prensa hoxe, Alberto Nuñez Feijóo cre que ten todo en orde.
"Cifuentes deu explicacións clarísimas". Isto é o que asegurou o xoves Feijóo. O que hai dous días era unha defensa pechada da presidenta de Madrid, hoxe xa o é menos. O líder do PPdeG especula con que Cifuentes mentise. Feijóo marca así algunhas distancias coa opinión do aparello de Genova , que de portas para fóra segue defendendo á mandataria. De portas cara adentro, xa se lle busca substituto.
A reunión do presidente da Xunta e o secretario xeral do PSdeG foi unha primeira toma de contacto entre o Executivo e a renovada oposición.
A portavoz nacional do BNG defende un concerto económico similar á Cota Vasca e critica a política do Executivo de Feijóo.