Feijóo pide respecto para Cifuentes e defende os seus propios títulos

O presidente da Xunta evita defender á súa compañeira de partido, como facía a semana pasada. Agora ben, pide tempo para que ela mesma tome unha decisión. Preguntado polas súas propias titulacións en rolda de prensa hoxe, Alberto Nuñez Feijóo cre que ten todo en orde.


|

Non title


O presidente da Xunta evita defender á súa compañeira de partido, como facía a semana pasada. Agora ben, pide tempo para que ela mesma tome unha decisión. Preguntado polas súas propias titulacións en rolda de prensa hoxe, Alberto Nuñez Feijóo cre que ten todo en orde. 


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirma que "correspóndelle á presidenta da Comunidad de Madrid tomar a decisión que considere en conciencia do que debe facer" en relación á polémica polo máster de Cristina Cifuentes na Universidade Rey Juan Carlos (URJC). "E estou convencido de que tomará a decisión que máis conveña aos madrileños e á presidenta da Comunidad de Madrid", agregou.

A preguntas da prensa este xoves sobre se cre que Cifuentes debe dimitir, Feijóo remitiuse a que a presidenta da Comunidade "é a que ten máis información, toda a información do que ocorreu, tomará a decisión máis oportuna".

FEIJÓO PIDE RESPECTO PARA CIFUENTES

Así, o tamén presidente dos populares galegos considera que este é un "momento transcendental", debido a que "hai unha investigación aberta pola Fiscalía, a Universidade Rey Juan Carlos e parlamentaria".

"Supoño que en pouco tempo imos saber exactamente por onde van ir as decisións que se teñan que adoptar", dixo, dado que hai "tres investigacións" sobre o caso "de forma simultánea". "Supoño que haberá algunha noticia en próximos días", apostilou.

Deste xeito, repreguntado sobre se Cifuentes ten que dimitir, Feijóo pediu "ser respectuosos cos tempos, cos políticos e tamén cos compañeiros de partido" ante as investigacións en curso.

TÍTULOS DE FEIJÓO


Por outra banda, o presidente da Xunta foi cuestionado pola prensa sobre se pode responder por todos os títulos académicos cos que conta.

"Supoño que o título de bacharel está correctamente expedido, o título universitario está correctamente expedido e se hai algún curso de formación superior que fixen no currículo está correctamente expedido", asegurou Núñez Feijóo.

"Non teño constancia de, ningún modo, que teña unha soa irregularidade ningún título dos que teño postos no meu currículo, por suposto que non, se non os poñería; no caso en que existise algunha pois, evidentemente, habería que ver ese título e ver algunha explicación, pero xa digo que de entrada non debe haber ningunha irregularidade en ningún título", remarcou.

relacionada Un alcalde do PPdeG anima a Cifuentes a dimitir e o seu partido respóndelle pedindo calma

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE