1.500 firmas contra os parques eólicos da Comarca de Ordes en 10 días
A Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes recolleu 1.500 firmas en 10 días para reclamar á Xunta que rexeite a declaración de interese especial do proxecto eólico de Monte Inxerio e Gasalla.

Desde o pasado venres máis dunha ducia de asociacións veciñais e colectivos sociais, culturais e deportivos da comarca "remitíronlle ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, escritos reclamándolle que non leven adiante a tramitación deses proxectos por ser contrarios ao interese xeral". Así o expresou a Coordinadora nun comunicado.
A unión de asociacións e colectivos espera que o goberno autonómico "repense a situación e elimine do Plan Sectorial de Galicia esta zona". Fan un chamamento a "toda a comarca" para seguir adiante coa recollida de firmas, xa que, segundo denuncian, a declaración "faría perigar 1.000 empregos directos e indirectos e 500 explotacións agropecuarias", ademais de ameazar "o Camiño de Santiago" e zonas "de gran valor patrimonial".
Escribe o teu comentario