Declaración de principios

Fernando Alonso Lorenzo

En 1983, tras o desastre da UCD, quedou orfo o espazo de centro moderado, afastado de extremismos, quedando como única alternativa non de esquerdas a ultradereita dos sete ministros de Franco. Aproveitando a conxuntura, decidiuse crear un partido de centro en Galicia que, ademais, tamén fose galeguista, para recuperar o espírito do Partido Galeguista. Así nace Coalición Galega.

 

Levamos unha traxectoria longa, con altibaixos, pero sempre firmes, porque non existe ningunha outra alternativa para manter un arco completo de partidos no que, forzosamente, debe existir un partido central que permita a conexión entre os próximos, prescindindo dos extremos.

 

Tivemos momentos nos que participamos en coalicións onde, quizais, puido dar a sensación de non existir. A última coalición na que participamos, e que obtivo unha importante relevancia, foi a denominada Terra Galega, que chegou a situar como a cuarta forza de Galicia.

 

A política galega precisa dunha forza moderada e moderadora. Moito máis hoxe en día, onde están a tomar excesivo protagonismo os extremismos.

 

As nosas metas son construír unha Galicia que progrese, unha sociedade solidaria interclasista, onde os cidadáns teñan garantidos uns dereitos básicos mínimos: vivenda, estudos, saúde, un traballo digno, non ter que traballar até o final da vida e con dereito a axudas de supervivencia. Onde os motores económicos reciban o respaldo das institucións políticas, para que se xere a riqueza suficiente para poder soster este sistema. Onde as persoas sexan tratadas como seres humanos, independentemente do seu status social, do seu xénero, da súa ideoloxía, do seu credo ou da súa cor de pel. Onde somos conscientes de que a conservación do medio ambiente é fundamental para a nosa saúde e supervivencia como especie.

 

Protección e respecto para a nosa cultura milenaria, das máis antigas da península. Onde o debate político sexa máis transparente, sen manipulación, sen falacias; máis coherente, sen ocultacións e menos ofensivo, con máis debate de fondo e menos circo.

 

Onde se poida garantir que o cidadán non sexa ignorado entre períodos electorais. Onde defendemos que se debe camiñar cara a un modelo máis federal, con máis competencias para Galicia e garantindo un orzamento que cubra as necesidades económicas para un bo funcionamento.

 

Isto marca unhas liñas vermellas, pola dereita e pola esquerda, que non imos traspasar, baixo ningún concepto. Non estamos para combater a outros partidos políticos nin para ser lacayos deles, pero si para defender aquilo no que creemos e criticar as malas praxes nas institucións políticas.

 

O bipartidismo inventou unha fórmula política sibilina e nefasta para perpetuar no poder: dividir o espectro político en bloques antagónicos, separados por un muro insalvable. Ou estás comigo ou contra min.

 

Nós non pertencemos a ningún bloque. Nós somos partidarios do diálogo, de derrubar muros. Nós podemos dialogar con todo aquel que non estea máis aló das nosas liñas vermellas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE