Feijóo non descarta que o 'lume amigo' derrubase a Cifuentes
Alberto Nuñez Feijóo e Cristina Cifuentes tiñan unha relación estreita. Os dous enarbolaraban a renovación do PP e de feito a madrileña foi unha das que máis participou na campaña das últimas autonómicas. Hoxe o líder galego aplaudiu a súa decisión de dimitir e, preguntado se a orixe da filtración do vídeo do roubo era o propio PP, deixou a porta aberta a esta posibilidade.
Alberto Nuñez Feijóo e Cristina Cifuentes tiñan unha relación estreita. Os dous enarbolaban a renovación do PP e de feito a madrileña foi unha das que máis participou na campaña das últimas autonómicas. Hoxe o líder galego aplaudiu a súa decisión de dimitir e, preguntado se a orixe da filtración do vídeo do roubo era o propio PP, deixou a porta aberta a esta posibilidade.
Feijóo recibe un premio de mans de Cifuentes nunha imaxe de arquivo
ERROS DA VIDA PRIVADA
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, considerou que era "inevitable" que Cristina Cifuentes dese o paso de dimitir como presidenta da Comunidad de Madrid e dixo que celebra a decisión.
"É unha decisión correcta, proporcionada e inevitable. Celebro que sexa así", afirmou en declaracións aos medios, tras anunciar Cifuentes a súa dimisión, despois de estalar hai máis de 30 días a polémica da falsificación do seu máster na Universidade Rey Juan Carlos (URJC) e ao publicarse, este mesmo mércores, un vídeo na que lla sorprendeu roubando cremas nun supermercado.
"Ás veces cométense erros e eses erros teñen unha transcendencia pública. Os políticos sabemos que erros que na vida privada son erros difíciles de xustificar, na vida pública son absolutamente inxustificables", afirmou o presidente galego.
LUME AMIGO
Preguntado se a campaña de acoso que denunciou Cifuentes ao confirmar publicamente a súa dimisión procede desde dentro do propio PP, Feijóo dixo: "Non o sei, non teño información para opinar sobre iso". En calquera caso, deixou caer que supón que "serán cousas que poida acreditar" a súa compañeira de partido.
"Tomouse a decisión correcta. Unha decisión proporcional, dolorosa. Pero en política as regras de xogo son así", agregou, despois de que con anterioridade sinalase que, "ante situacións complexas", é preciso "tomar a decisión máis drástica, que é unha dimisión, para salvar os intereses xerais da Comunidade de Madridy tamén para salvar a maioría de votos que ten o PP en Madrid".
Escribe o teu comentario