Soraya segue gañando a Feijóo na carreira virtual e suma outro importante apoio

Mentres o presidente da Xunta cala -a pesar de que no PPdeG dan por feito que se presentará- a competición por liderar o PP de España xa está en marcha nas redes sociais. E aí, por agora, o galego é superado por varios compañeiros, a pesar de que Feijóo xa suma o apoio de varios cargos 'populares'.


|

Mentres o presidente da Xunta cala -a pesar de que no PPdeG dan por feito que se presentará- a competición por liderar o PP de España xa está en marcha nas redes sociais. E aí, por agora, o galego é superado por varios compañeiros, a pesar de que Feijóo xa suma o apoio de varios cargos 'populares'.



Feijóo e Soraya Sáez de Santamaría no comité de dirección

Soraya e Feijóo na Xunta Nacional do PP


A conta de Twitter Soraya Presidenta PP é a máis popular entre os grupos de apoio -non oficiais- que xurdiron nos últimos promovendo a determinados candidatos para suceder a Mariano Rajoy. @YoConSorayaPP suma, segundo datos da tarde do xoves, máis de 1050 seguidores, fronte aos 450 seguidores de @IñigoPresident, os 416 seguidores de @YoconFeijoo, os 215 de @YoConCospedal e os 183 de @AznarPresidente.


Entre os seguidores da iniciativa pro-Soraya hai numerosas contas oficiais de grupos locais do Partido Popular, por exemplo a do barrio de Tetúan en Madrid, e algúns cargos conservadores, por exemplo a de Teresa de Lara, deputada no Congreso por Madrid. Unha Soraya que acaba de recibir o apoio do presidente do PP vasco, Alfonso Alonso, como persoa válida para renovar o partido.


CARGOS DO PP CON FEIJÓO

A conta pro-Feijóo tamén ten algúns oficiais relevantes. Séguena, por exemplo, o presidente do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, o alcalde do novo concello de Cercedo-Cotobade, o director xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro, o concelleiro de Ourense Jorge Pumar ou a ex-deputada Paz Lago. No seu momento, cando saltou a noticia da súa existencia, o PP galego apresurouse a lembrar que só hai unha conta oficial do presidente que, por agora, garda silencio, aínda que todo o mundo o partido dá por feito que o de Os Peares dará un paso adiante e presentarase, anunciando a súa decisión nun acto do PPdeG nos próximos días.


Aos poucos, vaise asentando no PP a idea de que non vai haber un único candidato relevante, fronte aos que propugnaban que Soraya Saéz de Santamaría e Feijóo sumasen forzas. Opción que por certo tamén conta coa súa propia conta de apoio, con 400 seguidores.



relacionada Feijóo vai por detrás de Soraya na carreira virtual para liderar o PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE