O Eixo Atlántico sinala a hipocrisía de Feijóo sobre a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal
Afirman que o Eixo Atlántico foi a "única entidade" que expuxo a necesidade ao Ministerio, chegando a encargar un informe sobre o desenvolvemento e os custos da obra ao profesor Rodríguez Bugarín
Feijóo na Câmara de Comércio Luso Espanhola
O secretario xeral o Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, ha criticado as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a conexión ferroviaria Porto - Vigo, considerada como conexión Lisboa - A Coruña pola súa institución.
Feijóo viaxou esta semana ao país veciño, onde se reuniu co Ministro de Planeamento e Infraestruturas portugués, Pedro Marques, para analizar o estado da conexión entre os dous países.
"É sorprendente que o presidente de Galicia vaia a Portugal a interesarse por unha liña ferroviaria que está xa en obras e cuxa data de finalización está prevista para finais do 2019, cando o único tramo que falta para completar a liña, e do que nunca fala a Xunta, é o saída sur de Vigo", declarou Vázquez Mao. Desde o Eixo explican que o Goberno galego "nunca reclamou" o tramo ao Goberno estatal "durante os seis anos de goberno de Mariano Rajoy e o Partido Popular".
Afirman que el Eixo Atlántico foi a "única entidade" que expuxo a necesidade ao Ministerio, chegando a encargar un informe sobre o desenvolvemento e os custos da obra ao profesor Rodríguez Bugarín. Para o organismo, resulta moi "singular" que "o gran logro da viaxe do presidente da Xunta en termos de comunicación sexa unha información que é pública e coñeceuse fai máis de medio ano".
Escribe o teu comentario