Abel Caballero

O PP pide que Abel Caballero deixe de ser teloneiro de todos os concertos de Castrelos

O PP reclama que se dea a oportunidade a artistas e grupos locais de actuar como teloneiros nos grandes concertos do verán

Só os vigueses poderán acceder á zona de pago nos concertos de Castrelos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, declarou a Radio Vigo que en 2019 cambiará o modelo de acceso aos concertos de Castrelos

A dotación dos concellos contra a violencia de xénero duplicarase en 2019

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, acordou este mércores co presidente da FEMP, Abel Caballero, duplicar a dotación de 20 millóns de euros para concellos que, actualmente, está fixada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

A veciñanza de Coruxo reclama a praza de pediatría apoiada por todos os grupos políticos

Todos os grupos mostran o seu apoio e Caballero subliña que seguirán con mobilizacións ata reverter o "recorte" deste servizo



Damnificados polos atrasos e cancelacións de Peinador crean unha plataforma

Este mércores preséntase En-Colectivo, unha plataforma que aglutina ás persoas damnificadas polas cancelacións atrasos e desvíos de voos sufridos no Aeroporto de Penador nos últimos dous meses

Continúan os problemas no aeroporto de Peinador

Dous voos con chegada prevista nos aeroportos de Vigo e A Coruña na mañá deste venres foron desviados ao de Santiago de Compostela debido á mala visibilidade. O alcalde de Vigo critica a xestión de Aena e o "fallo clamoroso" na actuación do goberno de Mariano Rajoy.

Caballero critica "o caos" de Peinador: "Non sei se está provocado polo Goberno de España cesado"

 "Eu nunca vi en ningún aeroporto de España un caos como o que se está montando en Peinador estes días, por unha absoluta imprevisión, neglixencia e ata non se se provocado polo Goberno de España que acaba de cesar", espetou Abel Caballero.

"Os que deciden se Vigo ten auga son os que queren gobernar Coruña"

A máis que probable candidata do PP a alcaldesa da Coruña segue sendo conselleira de Medio Ambiente a menos dun ano dos comicios. E isto, ao alcalde de Vigo, non lle gusta. Hoxe Abel Caballero sacou punta a esta duplicidade ao fío dos problemas de auga na cidade olívica.

A guerra do presidente do Celta contra Caballero esconde intereses políticos e económicos

A confrontación desatada polo presidente do Celta contra o Concello de Vigo aumenta. Carlos Mouriño cumpriu este mércores a súa ameaza e evitou sentar á beira de Abel Caballero (PSOE) no palco durante o partido que os celtiñas empataron onte co Barcelona en Balaídos (2-2). Caballero non se amedrenta e responde, nun episodio máis dunha guerra con intereses partidarios e económicos.

O novo Balaídos será atrasado por unha Xunta que quere "amolar", advirte o alcalde

A reforma do estadio do Celta de Vigo dá un paso adiante ao adxudicarse a redacción do proxecto das obras. Iso si, Abel Caballero sementa dúbidas sobre o futuro da construción debido a unha Xunta que cre tentará "amolar".

Vigo abre o prazo para pedir as axudas familiares do cheque social

O prazo para solicitar as axudas extraordinarias a familias (coñecidas como o 'cheque social') de Vigo permanecerá aberto desde este martes ata o 8 de maio, e o Concello destinará 2,5 millóns de euros para subvencionar pagos de vivendas, subministracións enerxéticas, alimentación e axudas de emerxencia.

A música de Maná chega a Vigo o próximo 23 de xullo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o auditorio de Castrelos acollerá, durante o verán, "dez grandes concertos" gratuítos, e confirmou a actuación do grupo mexicano Maná, o próximo 23 de xullo.

O PP de Vigo alerta dunha avalancha de contratos para burlar a nova lei

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns a "febre de contratacións" do goberno de Abel Caballero que, en só sete días (entre o 1 e o 6 de marzo), licitou 23 contratos por valor de máis de 25 millóns de euros, "co único obxectivo de esquivar a nova lei de contratos".

Irregularidades en 12 contratos do Concello de Vigo

O alcalde nega calquera deficiencia despois de que o PP sacase á luz un informe do ente fiscalizador público que ve problemas en 12 contratos con empresas de seguridade, seguros, aparcamento e transporte.

As turborrotondas baixan un 55% os accidentes de tráfico

O alcalde de Vigo xa anuncia que estenderá o modelo a outras glorietas da cidade, grazas a un "éxito magnífico" da experiencia.

​O PP censura que Caballero teña a policía local "baixo mínimos"

O edil Diego Gago culpa ao alcalde de que existan decenas de prazas sen cubrir na cidade.

​Caballero pide unha reforma constitucional en clave municipalista

O alcalde de Vigo reprende a Montoro polo seu trato aos municipios: "Eles non cumpren e por riba rífannos".

Abel Caballero non cederá ás presións contra a prohibición de camións en Teis

A Confederación de Empresarios de Pontevedra reclamou a suspesión cautelar ou "excepcionalidades" nesta medida

​Xunta e municipios ven como un agravio a proposta de Montoro sobre a débeda autonómica

Caballero dvierte de que convocará "unha gran reunión de alcaldes" se o ministerio non atende primeiro os entes locais.

Marea de Vigo propón a creación dun novo Consello Municipal de Cultura

O grupo municipal promove a idea como impulso do plano cultural da cidade olívica.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE