"Os que deciden se Vigo ten auga son os que queren gobernar Coruña"

A máis que probable candidata do PP a alcaldesa da Coruña segue sendo conselleira de Medio Ambiente a menos dun ano dos comicios. E isto, ao alcalde de Vigo, non lle gusta. Hoxe Abel Caballero sacou punta a esta duplicidade ao fío dos problemas de auga na cidade olívica.


|

A máis que probable candidata do PP a alcaldesa da Coruña segue sendo conselleira de Medio Ambiente a menos dun ano dos comicios. E isto, ao alcalde de Vigo non lle gusta. Hoxe Abel Caballero sacou punta a esta duplicidade ao fío dos problemas de auga na cidade olívica.



Beatrizmatocoruna

Beatriz Mato


Así, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a decisión sobre o axuste de caudal ecolóxico nas presas que abastecen a cidade e os municipios veciños estea en mans de persoas que se presentan nunha candidatura para as municipais da Coruña.


Así o puxo de manifesto o rexedor, en declaracións aos medios, e en alusión a unha reunión técnica celebrada en Santiago a pasada semana, na que representantes do concello de Vigo expuxeron o axuste do caudal ecolóxico das presas para garantir o abastecemento de auga en caso de seca severa.


"NIN SEQUERA ESCOITARON A VIGO"

Segundo manifestou Caballero, os responsables da Xunta "tomaron nota" pero "nin sequera quixeron escoitar as razóns de Vigo". As decisións respecto diso, lembrou, dependen da conselleira Beatriz Mato e do director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, que "forman parte dunha candidatura ao concello da Coruña".


"Os que deciden se Vigo ten auga ou non queren ser concelleiras na Coruña. Os que toman decisións deixando a Vigo sen auga", criticou, e advertiu de que "isto ten que explicalo Feijóo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE