O fondo especulativo EQT ten postas as súas ganas sobre Galicia a nova lambetada coa que quere engrosar os seus dividendos. Por iso Gestagua modificou o seu Consello de Administración a finais de 2020, incluíndo no mesmo a tres conselleiros “independentes”.
Greenalia xestiona eólicos aprobados con informes rubricados por María Cruz Ferreira Costa, directora xeral nomeada a proposta de Beatriz Mato. Como esas resolucións non levan a rúbrica da ex-conselleira de Medio Ambiente, senón da súa subordinada, a Xunta entende que a política do PP non se saltou as normas de incompatibilidade. Outro exemplo de libro de portas giratorias entre a política e as grandes empresas, denuncia o Bloque.
A plataforma ecoloxista ‘Arco Iris’ denuncia “presións e coaccións” da compañía, que recentemente acaba de incorporar á exconselleira de medioambiente para o seu equipo directivo, para que retiren un vídeo no que denuncian “posibles beneficios para Greenalia”.
No DOG non hai nada asinado por Mato a favor de Greenalia, pero si pola súa subordinada entón, a aínda hoxe directora xeral de Calidade Ambiental, Cruz Ferreira. ADEGA denuncia que a Xunta e o PP favoreceron á enérgetica mediante un cambio legal. O Grupo Común dá Esquerda e BNG critican as "posibles incompatibilidades".
Galiciapress entrevista a Beatriz Mato (1965) que despois do seu case dez anos no goberno de la Xunta, onde tivo as carteiras de Traballo e Benestar primeiro e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio despois, aspira a recuperar a alcaldía da Coruña para o Partido Popular. A ex conselleira responde a este medio que non rexeita alcanzar acordos con outras formacións para chegar a Maria Pita, centra o seu programa na recuperación do emprego e pide solucións inmediatas para Alcoa.
A Asociación Ecoloxista Arcoiris carga contra a repartición de convenios que realiza a conselleira Beatriz Mato. Os convenios, a diferenza das subvencións vía DOG, son axudas directas e discrecionais, sen competencia, publicidade ou concurso. Medioambiente gastouse, por exemplo, 3,7 millóns en equipos culturais.
A máis que probable candidata do PP a alcaldesa da Coruña segue sendo conselleira de Medio Ambiente a menos dun ano dos comicios. E isto, ao alcalde de Vigo, non lle gusta. Hoxe Abel Caballero sacou punta a esta duplicidade ao fío dos problemas de auga na cidade olívica.
A pesar de que Rey Varela é un dos nomes que soan como hipotético substituto de Feijóo, todo parece indicar que será candidato a alcalde. Pedro Puy dixo hoxe que unha remodelación de Goberno -que levaría a Beatriz Mato a centrarse aínda máis na Coruña- sería, de producirse, para ben.
Os populares coruñeses abren unha nova sede, que busca ser "un espazo coas portas abertas".
Mato defende que a actualización da norma que leva 20 anos vixente reforzará a "protección".
A conselleira afirma que lle gustaría ser candidata á alcaldía da Coruña, tal e como apuntan os rumores.