De conselleira de Medio Ambiente a directiva de Greenalia, unha compañía enerxética

O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, cualificou de "pouco presentable" a incorporación da exconselleira de Medio Ambiente e exportavoz do PP no Consistorio coruñés, Beatriz Mato, á empresa Greenalia.

|

A coruñesa Greenalia opera parques eólicos e plantas de biomasa en Galicia, para as que necesitou permisos da Consellería de Medio Ambiente. Ata hai dous anos, Beatriz Mato foi conselleira dese departamento e agora ficha pola enerxética.


O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, cualificou de "pouco presentable" a incorporación da exconselleira de Medio Ambiente e exportavoz do PP no Consistorio coruñés, Beatriz Mato, á compañía enerxética Greenalia.


Rolda de prensa da concelleira do PP Beatriz Mato

A ex-líder do PP da Coruña Bea Mato


Nun comunicado, cuestiona que fiche por unha empresa "do mesmo sector e que opera nun ámbito sobre o cal ela tomou decisións políticas ata moi recentemente", sinala sobre a súa etapa como conselleira.

"Unha compañía, aínda por riba, que ten un proxecto empresarial que en boa parte depende de decisións políticas que se teñen que tomar desde a Xunta de Galicia", afirma Jorquera, quen avanza que o BNG vai investigar se a exconselleira "incorre ou non nun dos supostos de incompatibilidades previstos pola lei".

O portavoz nacionalista mostra tamén certa "perplexidade" polo movemento da exconselleira. "No seu momento, cando anunciou a súa marcha do Concello, deséxelle a mellor das sortes na súa andaina persoal e profesional".

"Pero en política non chega con ser unha persoa honrada, tamén hai que parecelo", sostén Jorquera, para quen "é coma se utilizase o Concello da Coruña como estación intermedia para evitar unha imaxe de porta xiratoria, para evitar o escándalo de pasar directamente da Consellería de Medio Ambiente a unha empresa do mesmo ámbito"


Jorquera afirma, ademais,que non se trata dunha empresa calquera, senón dunha firma que "aposta por un modelo ambiental moi criticable". "A planta de biomasa forestal que vai implantar en Teixeiro vai profundar na política de eucaliptización do país", subliña a este respecto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE