​“Medio Ambiente multiplica por 16 as axudas a dedo favorecendo a alcaldes do PP”

A Asociación Ecoloxista Arcoiris carga contra a repartición de convenios que realiza a conselleira Beatriz Mato. Os convenios, a diferenza das subvencións vía DOG, son axudas directas e discrecionais, sen competencia, publicidade ou concurso. Medioambiente gastouse, por exemplo, 3,7 millóns en equipos culturais.


|

A Asociación Ecoloxista Arcoiris carga contra a repartición de convenios que realiza a conselleira Beatriz Mato. Os convenios, a diferenza das subvencións vía DOG, son axudas directas e discrecionais, sen competencia, publicidade ou concurso. Medioambiente gastouse, por exemplo, 3,7 millóns en equipos culturais.



Beatriz mato e alcalde de Padron

Beatriz Mato e Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón, asinando un  convenio de colaboración


Segundo datos dos conservacionistas herculinos, Medio Ambiente pasou de gastar 275.000 euros en convenios en 2017 á cifra de 4.560.191 euros en 2018. Para referendalo remítense ao propio Diario Oficial de Galicia.


A clave non é que agora Beatriz Mato -candidata oficiosa á alcaldía da Coruña polo PP- gaste máis en convenios, senón que “beneficia claramente ao partido no goberno”.


POR QUE PAGA MEDIO AMBIENTE O AUDITORIO DE LUGO?

Os últimos convenios asináronse con Mondoñedo, Mañón, Ourense, Padrón, A Cañiza e Vilasantar, concellos que gobernan os conservadores. A excepción é a avultada partida -3,7 millóns- destinada a Lugo (PSOE), para dotar de “equipo escénico” ao auditorio, que leva anos sen abrir por desacordos entre as administracións.


A primeira vista sorprende que sexa Medio Ambiente e non Cultura quen pague o equipo dunha infraestrutura cultural. Aos ecoloxistas tamén lles chama a atención este e outros actos pois sinalan o “desorbitado aumento en partidas destinadas a utilidades pouco relacionadas coa conservación da natureza; fondos que se detraen doutras prioridades mais perentorias, como a elaboración dos Plans de Xestión dos parques naturais, que dormen o soño dos xustos nos caixóns dos despachos oficiais".


RESPOSTA DA XUNTA

Galiciapress contactou coa Consellería para publicar a súa resposta a estas acusacións de Arco Iris. Sen entrar por agora no transfondo do suposto reparto de convenios segundo intereses partidarios, desde o Goberno explican que se paga equpo escénico para Lugo con fondos de Medio Ambiente porque o auditorio formaba parte do Plan Urbe, que orixinalmente promoveu esta consellería. Enmarcan este pago nun acordo global co Concello de Lugo para poder abrir finalmente esta infraestrutura.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE