Só os vigueses poderán acceder á zona de pago nos concertos de Castrelos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, declarou a Radio Vigo que en 2019 cambiará o modelo de acceso aos concertos de Castrelos
Abel Caballero coa banda mexicana Maná | Imaxe: Twitter
Maná, Operación Triunfo e Raphael pasaron este verán polo escenario do Auditorio de Castrelos. Os tres concertos teñen en común que as entradas se esgotaron en cuestión de horas, e mesmo se chegaron a revender, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, non quere que esta situación repítase.
Nunha entrevista radiofónica en Radio Vigo, o rexedor destapou un cambio no modelo de acceso aos concertos para o 2019, que se realizará a través dun sistema que comezará cunha reserva á que se poderá anotar durante "dúas ou tres días", e posteriormente sortearanse as entradas. Iso si, neste sistema que Caballero busca que "dea igualdade de oportunidades" só poderán participar as persoas empadroadas en Vigo.
Así, a zona máis próxima ao escenario estará reservada para viguesas e vigueses, deixando o espazo das bancadas para visitantes. "Todo o mundo que queira vai gratis", declarou Caballero, que asegura estar "encantado" de que haxa asistentes de fóra da cidade, pero que insiste en limitar a súa presenza.
Non é a primeira medida 'pro-viguesas' que protagoniza Caballero, xa que a limitación dos cartóns de transporte urbano Pass Vigo a persoas empadroadas valeulle nuemerosas críticas. A decisión foi anulada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, logo de que o Concello de Cangas enviase unha carta acusando o alcalde de "racista" á FEMP e FEGAMP.
Escribe o teu comentario