A música de Maná chega a Vigo o próximo 23 de xullo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o auditorio de Castrelos acollerá, durante o verán, "dez grandes concertos" gratuítos, e confirmou a actuación do grupo mexicano Maná, o próximo 23 de xullo.


|


Manu00e1

Fonte: Twitter oficial de Maná


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o auditorio de Castrelos acollerá, durante o verán, "dez grandes concertos" gratuítos, e confirmou a actuación do grupo mexicano Maná, o próximo 23 de xullo.

A mítica banda tamén anunciou o seu paso por Galicia en redes sociais, que formará parte da súa xira de concertos 'Latino Power Tour', coa que repasan os grandes éxitos e fitos da súa recoñecida discografía. As entradas, segundo anunciaron, estarán proximamente dispoñibles en Ticketea.



En declaracións aos medios tras inaugurar o segundo tramo das escaleiras mecánicas na rúa Segunda República, o rexedor sinalou que o concerto de Maná sumarase a outras dúas actuacións xa anunciadas: a Joan Manuel Serrat o 21 de xullo, e a de Raphael o 2 de agosto.


"E vai haber máis sorpresas (...), isto é o non vai máis", proclamou, á vez que criticou que a Xunta financie concertos en Santiago e non dedique os mesmos recursos a pagar eventos na cidade olívica.

relacionada A Academia Galega de Teatro preséntase a finais de mes en Santiago de Compostela
relacionada ​Para chuparse os dedos, nada mellor que a feira das Neves

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE