​Para chuparse os dedos, nada mellor que a feira das Neves

As Neves acolle o día 30 de marzo XXVII da coñecida Feira do Requeixo e Mel. Toda unha delicia gastronómica enxalzada nun completo programa que mestura gastronomía, deporte e cultura.


|

As Neves acolle o día 30 de marzo XXVII da coñecida Feira do Requeixo e Mel. Toda unha delicia gastronómica enxalzada nun completo programa que mestura gastronomía, deporte e cultura.


O prato forte de o programa, como non, a tradicional degustación de requeixo na Praza Maior, o venres a partir das 13 horas. Punto álxido dunha Feira que abrirá ás 11 da mañá.


CHUPA CHUS DE REQUEIXO


Unha semana antes, este venres 23, o cociñeiro Iván Méndez, da famosa Atafona Casa de Xantar de Santiago, ofrecerá un “showcooking”, para o cal é necesario reservar praza. Entre os pratos para crear, un moi peculiar, “chupa chups de requeixo das Neves, mel e noces”.


A música poñerana “De Vacas”, o divertido cuarteto galego popular polas súas peculiares versións de éxitos modernos. A súa actuación será o venres 30 a partir das dez da noite.



Devacas 600x330


Tamén hai sitio para o deporte coa sétima edición da ruta de BTT (bicicleta de montaña). Será o domingo 25, mesmo día da Andaina do Requeixo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE